Estefanía de Mónaco: Diferenzas entre revisións

Filla máis nova dos príncipes Rainiero III e Grace de Mónaco
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 1 de decembro de 2020 ás 19:23

Stéphanie Marie Élisabeth Grimaldi, nada en Mónaco o 1 de febreiro de 1965, é a filla máis nova dos príncipes Raniero III e Grace de Mónaco. Traballou temporalmente como cantante, deseñadora de traxes de baño, modelo e artista.

Infotaula de personaEstefanía de Mónaco

(2013) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1965 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Palácio do Príncipe de Mônaco, Mónaco (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMonaco-Ville Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeMónaco Editar o valor em Wikidata
EducaciónCours Hattemer (en) Traducir
Sisters of the Infant Jesus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica e modelling (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , modelo , filántropa , política , deseñadora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz e piano Editar o valor em Wikidata
DeporteXimnasia
hípica Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPrincesa Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Grimaldi Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAdans Lopez Peres (pt) Traducir (2003–2004), divorcio
Daniel Ducruet (pt) Traducir (1995–1996), divorcio Editar o valor em Wikidata
ParellaJean Raymond Gottlieb (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosLouis Ducruet (pt) Traducir
 () Daniel Ducruet (pt) TraducirEstefanía de Mónaco
Paulina Ducruet (pt) Traducir
 () Daniel Ducruet (pt) TraducirEstefanía de Mónaco
Camille Gottlieb (pt) Traducir
 () Jean Raymond Gottlieb (en) TraducirEstefanía de Mónaco Editar o valor em Wikidata
PaisRainerio III de Mónaco Editar o valor em Wikidata  e Grace Kelly Editar o valor em Wikidata
IrmánsAlberte II de Mónaco e Carolina de Mónaco Editar o valor em Wikidata
ParentesFrank Sinatra (padrinho (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Páxina webtinyurl.com… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0697744 Facebook: 255801874530731 Spotify: 16q1X9q6DxoNdqPQlYwxgM iTunes: 293733746 Last fm: Stephanie Musicbrainz: a7ef5c8f-4521-4744-ad78-46ac7ceae75d Songkick: 150432 Discogs: 284858 WikiTree: Grimaldi-23 Genius: Stephanie-de-monaco Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Estefanía naceu en 1965 no Palacio do Príncipe de Mónaco, terceira e último filla do príncipe Raniero III de Mónaco e de Grace Kelly. A súa madriña de bautismo foi a súa curmá Elizabeth Ann de Massy, filla da princesa Antonieta, mentres que o seu tío materno, John Brendan Kelly, Jr. foi o seu padriño. Estefanía recibiu o seu nome en honor á súa antepasada Estefanía de Beauharnais.

Estudou no Dames de Saint-Maur de Mónaco e despois na Dupanloud de París. Rematou o bacharelato en 1982. Durante os seus anos de escola estudou danza clásica e piano, tamén competiu en ximnasia e equitación. Fala fluidamente monegasco, francés, inglés e italiano.

O 13 de setembro de 1982, cando regresaban a Mónaco da súa casa de campo de Rocagel (Francia), ela e a súa nai sufriron un accidente de tráfico. Grace faleceu o día seguinte, mentres que Estefanía sufriu unha ruptura dunha vértebra do pescozo. Aínda que a versión oficial foi que Grace tivo un derrame cerebral mentres conducía, houbo rumores de que era Estefanía, que non asistiu ao funeral da súa nai por estar convalecente, quen conducía o vehículo. Estefanía negouse a falar da morte da súa nai ata 1989, cando deu unha entrevista en que dixo: "Hai moita presión sobre min, porque todo o mundo di que eu conducía o coche, que é a miña culpa, que matei a miña nai... Non é doado cando tes que vivir iso con dezasete anos". A princesa non volveu falar do asunto ata 2002, cando concedeu unha entrevista á revista francesa Paris Match en que dixo: "Non só tiven que pasar polo horrible trauma de perder a miña nai a unha idade temperá, senón estar ao seu lado no momento do accidente. Ninguén pode imaxinar o moito que sufrín e que sigo sufrindo".

Moda

O seu carácter díscolo e difícil, a súa axitada vida sentimental e a súa rechamante imaxe afastárona do prototipo de princesa europea e provocaron o alcume de «a princesa rebelde». Díxose repetidamente que Estefanía non asumía o seu papel dentro da familia principesca, sometido ao protocolo e obrigas sociais, e preferiu dedicarse ao mundo do espectáculo e do deseño.

En 1983, despois de recuperarse do accidente, comenzou un curso de aprendizaxe en Christian Dior, baixo a dirección do xefe de deseño Marc Bohan. O ano seguinte debutou como modelo nunha reportaxe de roupa de alta costura para a revista española ¡Hola!. En 1985 apareceu na revista alemá Vogue e na norteamericana Vanity Fair. Tamén foi imaxe da liña de beleza suíza La Prairie.

En 1986 lanzou a súa primeira liña de traxes de baño con Alix de la Comble, a quen coñecera durante a súa estadía en prácticas en Dior. O desfile de moda para presentar a liña, que se celebrou no Club Sporting de Mónaco e ao que asistiron o príncipe Rainiero III, o príncipe Alberte e a princesa Carolina, foi un acontecemento importante cuberto polos medios de comunicación de todo o mundo. En 1989, Estefanía lanzou o seu propio perfume homónimo.

Carrera musical

 
Estefanía de Mónaco en 1986

En febreiro de 1986, Estefanía autoproduciu e publicou o seu primeiro sinxelo coa discográfica francesa Carrere, baixo a produción de Yves Roze. A canción "Ouragan" e a súa versión en Inglés "Irresistible" foron éxitos internacionais, vendendo máis de 2 millóns de copias. "Ouragan" é un dos sinxelos máis vendidos en Francia en toda a historia. O álbum completo Besoin, lanzado como Stéphanie nalgúns países, vendeu máis de 1,5 millón de exemplares, con 100 000 só en Francia.

En xaneiro de 1987, Estefanía lanzou o sinxelo "Young Ones Everywhere" en beneficio de UNICEF. O mesmo ano, trasladouse aos Ánxeles para gravar un novo álbum. O álbum Stéphanie, publicado en 1991, tivo unhas vendas decepcionantes e críticas negativas, a pesar da xira promocional que incluíu unha actuación no programa de Oprah Winfrey. Estefanía rematou así a súa carreira musical después de gravar "In the Closet" con Michael Jackson para o seu álbum Dangerous. A canción converteuse nun éxito en todo o mundo e entrou no top ten nos Estados Unidos; porén, Estefanía foi acreditada como "Mystery Girl" e a súa participación na canción non se revelou ata uns anos máis tarde.

Fixo unha breve volta á canción en 2006, cando gravou "L'Or de nos vies", un sinxelo benéfico, xunto coa súa fundación para combater a sida.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas