Li Po: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: +trad cawiki
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Notas: +trad cawiki e enwiki
Liña 35:
 
Li Bai morreu en Dangtu, actual [[Anhui]]. Algúns eruditos cren que a súa morte foi o resultado de envelenamento por [[Mercurio (elemento)|mercurio]] tras un longo historial de consumo de elixires taoístas para a lonxevidade, en cambio outros cren que morreu por envelenamento con alcol.
 
== Poesía ==
Atribúenselle máis de mil poemas, pero a autenticidade de moitos é incerta. Nos seus traballos, hai unha presenza moi clara do espírito taoista, tanto nos sentimentos e a maneira en como son expresados, como no ton espontáneo que usa. Aínda así, polo feito da presenza de elementos formais antigos, tamén hai algo da perspectiva moralista de [[Confucio]].
 
Dicíase que podía compor a unha velocidade sorprendente, sen ter que corrixir o que era capaz de crear nun primeiro intento. A súa forma favorita era o ''[[jueju]]'', que é unha forma literaria que consiste en cuartetos de versos de cinco ou sete caracteres; deste tipo de obras, compuxo unhas 160. Estes poemas son intensos e a miúdo fantásticos.
 
O uso da lingua impresiona pola capacidade de imaxinación con elementos que se poderían considerar extravagantes, e consegue comunicar ao lector dunha maneira moi directa a súa liberdade de espírito. As interaccións de Li Po coa natureza, a amizade, o seu amor ao [[viño]] e as súas observacións agudas e enxeñosas sobre a vida, forman parte dos seus mellores poemas. Nalgunhas obras, como no ''Changgan xing'', traducido por Ezra Pound como ''A muller do comerciante de río: unha carta'',<ref>*Pound, Ezra (1915). ''Cathay'' (Elkin Mathews, Londres). ASIN B00085 NWJI.</ref> deixa constancia das dificultades e as emocións da xente común. Tamén escribiu un certo número de poemas que trataban das mulleres.
 
Nos seus poemas, Li Po tentaba evitar o uso de palabras escuras e referencias históricas. A diferenza doutros antigos poetas chineses, como [[Du Fu]], Li Po non necesitaba demostrar nada ao público; en cambio, podíase permitir concentrarse en comunicar ós lectores as súas sensacións xenuínas. A súa habilidade para crear de maneira extraordinaria o que estaba máis aló do que é habitual era un agasallo para os seus contemporáneos, e quizais é a razón principal pola cal era considerado o "deus da poesía". O feito que os chineses lle puxesen o alcume "詩仙" o ''shīxiān'',, que se traduce literalmente como 'deus da poesía', ven a demostrar esta capacidade excepcional. A espontaneidade da súa lingua combinada co uso de elementos extravagantes plenos de imaxinación distinguiu Li Po de moitos outros poetas da historia chinesa.
 
Como seguidor de [[Lao Zi]] e practicante de taoísmo durante a [[dinastía Tang]], incluído Xuanzong, e, sobre todo, unha persoa libre animada, Li Po non mostraba un especial interese por Confucio e a súa ideoloxía. Por isto, foi a miúdo atacado polos neoconfucionistas "moralistas", xa desde a [[dinastía Song]]. Entre a xente común da China, aínda así, Li Po é incuestionablemente o poeta máis estimado.
 
As críticas á obra de Li Po centráronse no seu forte sentido da continuidade da tradición poética, a súa glorificación das bebidas alcohólicas (e, de feito, a franca celebración da embriaguez), a súa utilización da persoa, os fantásticos extremos dalgunhas das súas imaxes, o seu dominio das regras poéticas formais, e a súa habilidade para combinar todo isto cun virtuosismo aparentemente sen esforzo para producir unha poesía inimitable. Outros temas ena poesía de Li, especialmente apreciados no século XX, son a simpatía pola xente común e a antipatía cara ás guerras innecesarias (incluso cando as dirixe o propio emperador).<ref>Sun, 28–35</ref>
 
==Notas==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===