Wikipedia:Votacións para borrar/Biografías do caso Asunta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 32:
:::::[[Usuario:Maria zaos|Maria zaos]], tes razón que Rosario obtivo unha medalla polo seu traballo voluntaria como cónsul honoraria, aínda así non vexo que este único feito (repito, eliminando todo o asunto do seu caso) sexa abondo para ter artigo propio, se esa información é importante pode indicarse no artigo principal como se especifica na política [[Wikipedia:O_que_a_Wikipedia_non_é]] como indiquei arriba... O mesmo pasa co artigo do seu pai... Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 30 de novembro de 2020 ás 14:28 (UTC)
::::::[[Usuario:Elisardojm]] non temos por que estar de acordo {{smiley}}. A min a relación deses persoeiros si me parece relevante dentro do contexto das relacións entre a cultura francesa e Galicia nos últimos tempos. E ese contexto é independente deste caso criminal/xudicial. Por outra banda non calquera chega ao cargo de cónsul honorario/a, gústenos máis ou menos o procedemento. Un saúdo.-- [[Usuario:Maria zaos|Maria zaos]] ([[Conversa usuario:Maria zaos|conversa]]) 30 de novembro de 2020 ás 17:40 (UTC)
 
:::::::[[Usuario:Maria zaos|Maria zaos]], non, non temos que estar de acordo, pero poderíamos chegar a estalo {{Sorriso|wink}}. Eu penso que só un cargo que é voluntario e non está remunerado non ten relevancia enciclopédica abondo como para crear o artigo dun persoeiro, se o persoeiro tivera outros méritos de interese, ese sería un dato adicional, pero só con iso non me parece que chegue para ter a relevancia enciclopédica necesaria para estar aquí... É certo que o cónsul honorario é só un, pero, escollida entre quen? Realmente hai tanta xente que se presente a un cargo voluntario e sen remuneración? Haberá tantos entre os que escoller ou simplemente é un posto ó que só se apuntan uns cantos para fachendear del? Non parece unha cousa demasiado seria nin relevante enciclopedicamente como única base para facer un artigo... Outra cousa xa sería se fosen diplomáticos pertences á administración do estado, penso que iso xa é algo relevante xa que serían persoal oficial do estado... Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 30 de novembro de 2020 ás 21:33 (UTC)