Mario J. Molina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
Agremon (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: ligazóns e pequenas cousas
Liña 27:
 
== Traxectoria ==
Os seus pais foron [[Roberto Félix Molina Pasquel]] ([[Veracruz]], [[1908]]) e Leonor Henríquez. O seu pai foi avogado, profesor na [[Universidade Nacional Autónoma de México|UNAM]] e embaixador de México en [[Etiopía]], [[Australia]] e [[Filipinas]].
 
Cursou a escola primaria na [[Cidade de México]], e á idade de once anos—continuando a tradición familiar—os seus pais enviárono a estudar a [[Suíza]].
 
En [[1960]] ingresou á [[Facultade de Química (Universidade Nacional Autónoma de México)|Facultade de Química da UNAM]] para estudar enxeñería química. En [[1965]], logo de graduarse, proseguiu os seus estudos de posgrao na [[Universidade de Freiburg im Breisgau|Universidade de Friburgo]] ([[Alemaña]]), onde pasou case dous anos investigando en cinética de polimerizacións. Entre [[1967]] e [[1968]], pasou algúns meses en [[París]] e outros na Cidade de México. EnNese 1968,ano ingresou ao programa de doutoramento en fisicoquímica da [[Universidade de California, Berkeley|Universidade de Berkeley]] ([[California]]).
 
En Berkeley, incorporouse ao grupo de investigación do Profesor George C. Pimentel. Molina obtivo o doutoramento en [[1972]], e permaneceu un ano máis en Berkeley, antes de converterse, en [[1973]], investigador asociado na [[Universidade de California en Irvine]], co Profesor [[Frank Sherwood Rowland|F. Sherwood Rowland]].
Liña 43:
Molina foi electo asesor do equipo de transición do presidente [[Estados Unidos de América|estadounidense]] [[Barack Obama]] para cuestións de conservación e preservación do [[ambiente]] en novembro do [[2008]].<ref>{{Cita web|título = Somos Primos: Dedicated to Hispanic Heritage and Diversity Issues|url = http://www.somosprimos.com/sp2009/spmar09/spmar09.htm|páxina-web = www.somosprimos.com|data-acceso = 2015-12-16}}</ref>
 
Molina éfoi Presidente de Honra da Asociación Mares de México, constituída no ano [[2009]] e dedicada á conservación dos mares<ref>{{Cita web |url=http://www.maresdemexico.org/mares-quienes-somos1.html |título=Mares de México |data-acceso=10 de marzo de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110117231459/http://maresdemexico.org/mares-quienes-somos1.html |dataarquivo=17 de xaneiro de 2011 |urlmorta=yes }}</ref>
 
== Investigacións científicas ==
Realizou diversas investigacións no ámbito da [[química ambiental]] sobre os problemas [[ambiente|ambientientais]]. En [[1974]], Rowland e Molina daban conta dos resultados das súas investigacións nun artigo publicado na revista [[Nature]]. Nel advertían da crecente ameaza que o uso dos gases CFC supuñan para a capa de ozono, aviso que naquel momento foi criticado e considerado excesivo por un sector de investigadores. Con todo, a tenacidade e o convencemento que depositaron nas súas propias teorías conquistou as mentes máis incrédulas. Tras arduas deliberacións, Molina e Rowland conseguiron a aprobación ás súas teses en encontros científicos internacionais e estiveron presentes nas reunións nas que se fixaron os parámetros de control que debían facer cada país na emisión de CFCs. En 1989, Mario Molina pasou a traballar no Departamento de Ciencias Atmosféricas, Planetarias e da Terra do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) como investigador e profesor. E en [[1994]], o seu traballo brindoulle outro recoñecemento, neste caso do presidente dos Estados Unidos, que lle nomeou membro do comité que lle asesora sobre asuntos de ciencia e tecnoloxía, ao que pertencen 18 científicos.
 
O punto culminante da súa traxectoria de traballo e perseveranza en prol da súa preocupación por un problema que afecta a todo o planeta chegou o 11 de outubro de 1995. Mario Molina recibía, xunto con Rowland o Premio Nobel de Química por ser os pioneiros en establecer a relación entre o buraco de ozono e os compostos de cloro e bromuro na estratosfera. O galardón tamén se concedía ao holandés Crutzen, do Instituto Max-Planck de Química de Mainz (Alemaña) quen achou en [[1970]] que os gases contaminantes teñen un efecto destrutor nesa capa, sen descomporse.
 
O 4 de decembro de 1995, Molina, Rowland e Crutzen foron premiados ademais polo Programa da [[Organización das Nacións Unidas|ONU]] para o Medio (UNED), pola súa contribución á protección da capa de ozono.
 
Molina posúe tamén os premios Tyler ([[1983]]) e Essekeb ([[1987]]) que concede a [[American Chemical Society]], o Newcomb-Cleveland, da [[Asociación Americana para o Avance da Ciencia]] ([[1987]]), por un artigo publicado na revista [[Science]] que explicaba os seus traballos sobre a química do [[buraco de ozono]] na [[Antártida]]. E a medalla da [[NASA]] (1989) en recoñecemento aos seus logros científicos. Mario Molina sinalou nalgunha ocasión que cando elixiu o proxecto de investigar o destino dos CFCs na atmosfera, fíxoo simplemente por curiosidade científica. Non considerou as consecuencias que levarían os seus estudos. Pero cando se deu conta da envergadura do seu descubrimento, sentiuse sobrecollido, porque o seu achegue non só contribuíu á comprensión da química atmosférica, senón que ademais supuxo un profundo impacto na conciencia ecolóxica de todo o mundo.
 
== Notas ==