Prusia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Traducido de es:Prusia
Etiqueta: Redirección eliminada
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 11:
|imaxe_mapa =Map-DB-PrussiaProvs-1818.svg
|localización_lenda =Prusia na Confederación Xermánica
|capital=[[Königsberg]]}} (1525–1701)<br />[[Berlín]] (1701–1947)
|era=}}
'''Prusia''' (en [[lingua alemá|alemán]]: ''Preußen'' ou ''Preussen''; en [[lingua polaca|polaco]]: ''Prusy''; en [[lingua rusa|ruso]]: Пру́ссия; en [[lingua latina|latín]]: ''Borussia'', ''Prutenia'') foi un Estado do [[mar Báltico]] entre [[Pomerania]], [[Polonia]] e [[Lituania]] que existiu dende [[Baixa idade media|finais da idade media]]. Despois de 1701, o seu nome estendeuse a un estado máis grande xurdido de [[Brandeburgo-Prusia]], que finalmente abrangueu case toda a [[Confederación Alemá do Norte|Alemaña do norte]], e existiu ata o final da [[segunda guerra mundial]]. Como a segunda superpotencia alemá, Prusia tivo un papel importante no concerto europeo de potencias dende o século XVIII e foi un destacado centro da [[Ilustración]]. Iniciu [[Reformas prusianas|progresivas reformas]] no século XIX e finalmente converteuse na forza impulsora detrás da [[Proclamación do Imperio alemán|fundación do estado nación alemán]].<ref>{{cita web|url = https://www.deutschland.de/es/topic/politica/la-fundacion-del-imperio |título = La fundación del Imperio |dataacceso= 17 de maio de 2020|apelidos = Winkler |nome = Heinrich August |data= 14 de setembro de 2018 |páxina-web= Deutschland}}</ref>
 
Orixinariamente, o nome [[Prusia (rexión)|Prusia]] só se refería ao núcleo do estado da [[Orde Teutónica]] na antiga área tribal dos [[prusios]], un pobo báltico occidental, e os territorios que xurdiron fóra do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]. Despois de que o elector Hohenzollern de Brandeburgo (como Duque de Prusia en 1701) asumise o título de rei en Prusia, a designación xeral do reino de Prusia converteuse na norma para todas as posicións da súa casa dentro e fóra do imperio.<ref name="PLANET-WISSEN">{{cita web|url = https://www.planet-wissen.de/geschichte/deutsche_geschichte/geschichte_preussens/index.html |título = Preußen |dataacceso=16 de maio de 2020|apelidos = Kaufmann |nome = Sabine |data= 29 de abril de 2020 |páxina-web= Planet Wissen |lingua=de}}</ref>
 
De ser un estado membro da [[Confederación Alemá]] dende 1815, o reino de Prusia converteuse no poder supremo da [[Confederación Alemá do Norte]] en 1866 e do [[Imperio Alemán]] en 1871. En 1918, transformouse no [[Estado Libre de Prusia|Estado Libre Republicano de Prusia]], considerado o "baluarte da democracia" na [[República de Weimar]].<ref name="MOLLER">{{cita libro |apelidos= Möller |nome= Horst |ligazón-autor=Horst Möller |título= La República de Weimar: Una democracia inacabada |url= https://books.google.es/books?id=xhN5DwAAQBAJ&lpg=PT280&dq=%22%C2%BFrepublica%20democratica%20o%20sino%22&hl=es&pg=PT280#v=onepage&q=%22%C2%BFrepublica%20democratica%20o%20sino%22&f=false |ano=2015|isbn= 849114076X|capítulo= III}}</ref> Porén, despois do [[golpe de estado de Prusia]] de 1932 e do ''[[Gleichschaltung]]'' durante a [[Alemaña nazi|era nazi]], o Estado libre perdeu a súa autonomía. Finalmente en 1947, o [[Consello de Control Aliado]] declarou a disolución ''[[de iure]]'' de Prusia.<ref>{{cita web|url = https://www.larazon.es/cultura/prusia-el-chivo-expiatorio-de-alemania-HN13787264/ |título = Prusia: el chivo expiatorio de Alemania |dataacceso= 17 de maio de 2020|apelidos= Solar |nome= David |ligazón-autor= David Solar |data= 23 de outubro de 2016 |páxina-web= La Razón|lingua=es}}</ref>
 
Dende 2004, todos os territorios que unha vez perceron a Prusia, agás [[Kaliningrado]], forman parte da [[Unión Europea]].<ref>{{cita web|url = https://cafebabel.com/es/article/kaliningrado-primeros-pasos-hacia-la-union-europea-5ae004cef723b35a145dbd6e/ |título = Kaliningrado: ¿Primeros pasos hacia la Unión Europea? |dataacceso= 16 de maio de 2020 |data= 14 de xullo de 2006 |páxina-web= Cafe Babel. Refundación de la Unión Europea}}</ref>