Giovanni Bellini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 27:
 
=== Alto Renacemento ===
[[Ficheiro:Giovanni Bellini and Titian - The Feast of the Gods - Google Art Project.jpg|dereita|miniatura|A festa dos deuses (National Gallery of Art, Washington, D.C.]]
Un intervalo de poucos anos, sen dúbida pasados nas súas ocupacións no palcio ducal, separan as pinturas para o altar maior de Frari e a ''Virxe do dux Barbariga'', en [[Murano]] das obras da igrexa de san Zacarías en [[Venecia]], talvez a máis impoñente de todas, datada de [[1505]]. Outra obra para un altar maior, na igrexa de san Francisco en Venecia, é de [[1507]]. Outros traballos desa época perdéronse no incendio xa referido. Os últimos dez anos da vida do mestre móstrano cheo de encomendas que apenas pode completar. Xa nos anos [[1501]] a [[1504]], a marquesa Isabella Gonzaga de [[Mantua]], famosa na súa época e mesmo retratada por [[Leonardo da Vinci]], tivo gran dificultade en obter de Bellini unha ''Madona e os Santos'', hoxe perdida, e que fora pagada anticipadamente. En [[1506]] ela tentou mediante o cardeal Bembo obter outra pintura, desta vez de cuño mitolóxico, mais non se coñece o paradoiro desa obra. [[Albrecht Dürer]], na súa segunda visita a Venecia en 1506, contou que Giambellino era aínda o mellor pintor na cidade, ben tratado e admirado.