Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Xeografía e historia}}
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 10:
{{Cita|Sostemos por evidentes estas verdades: que todos os seres humanos son creados iguais; que son dotados polo seu creador de certos dereitos inalienables, entre os que se atopan a vida, a liberdade e a procura da felicidade.}}
 
Unha vez completado o texto o día 4 de xullo, o Congreso deu a coñecer a Declaración de Independencia en varios formatos. Inicialmente imprimiuse nunha folla de papel de gran tamaño que se distribuíu e leu en público. A versión mellor coñecida, unha copia asinada que está considerada como a auténtica Declaración de Independencia, está exposta nos Arquivos Nacionais en Washington, D.C. Aínda que a aprobación do texto tivo lugar o 4 de xullo, a data da súa sinatura é obxecto de controversia. Para a maioría dos historiadores, isto aconteceu case un mes máis tarde, o día 2 de agosto de 1776, e non, como se adoita crer, o mesmo 4 de xullo. As fontes e a interpretación da Declaración levan dado lugar a abundantes investigacións académicas.
 
A miúdo, para protexer os dereitos de individuos e grupos marxinados, apélase ás palabras máis coñecidas da Declaración, que moitos consideran hoxe como a norma moral á que deben aspirar os Estados Unidos. Así o entendía [[Abraham Lincoln]], que consideraba este texto como a base fundamental sobre a que se asentaba a súa filosofía política e sostiña que nel están contidos os principios que deben guiar a interpretación da [[Constitución dos Estados Unidos|Constitución de 1787]].