James M. Buchanan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 8:
Ó graduarse iniciouse na carreira académica como profesor asociado na Universidade de Tennessee, converténdose en profesor de [[Economía]] en 1950, dende onde se trasladou á Florida State University ata 1956. Durante este período, residiu en [[Italia]] por un ano, estudando as súas tradicións en finanzas públicas e a teoría política, experiencia que influíu moito nos seus posteriores estudos. Cando volveu a [[EEUU|Estados Unidos]], fundou o Centro Thomas Jefferson for the Protection of Free Expression dende a Universidade de Virxinia, onde iniciou e impulsou, con Gordon Tullock, a corrente económica da elección pública, ocupándose de estudar a economía política constitucional, coa intención de non limitar a análise ó funcionamento dos procesos de toma de decisións públicas no marco dunhas regras establecidas, así como de analizala forma en que esas regras son adoptadas e la posibilidade de medición da súa eficacia.
 
Estas teorías comezaron a chamar moito a atención e, nunha conferencia en 1967 titulada Study of Non-Market Decision Making (EstudioEstudo sobre a toma de decisións fora do mercado), formou con Gordon Tullock a Public Choice Society. Despois dun ano na universidade de California (UCLA) en 1968, trasladou o seu Center for the Study of Public Choice (CSPC) á George Mason University, en [[Washington, D.C.]].
 
En 1986, o profesor Buchanan ganou o [[premio Nobel de economía]] polas súas contribucións sobre a teoría da elección pública (Public Choice), onde publicou extensivamente sobre as finanzas públicas, as económicas constitucionais e a teoría libertaria.