Feminismo radical: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
CoroRP (conversa | contribucións)
m elimino a Categoría:Feminismo mediante HotCat
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 10:
 
=== Raíces ===
A ideoloxía do feminismo radical nos Estados Unidos desenvolveuse como unha compoñente do movemento de liberación das mulleres. Este medrou en gran parte debido á influencia do movemento dos dereitos civís que gañou pulo na década de 1960 e moitas das mulleres que tomaran a causa do feminismo radical tiñan experiencia previa en prostestas contra o racismo. Cronoloxicamente, o movemento pode ser visto no contexto da [[segunda onda do feminismo]] que comezou a principios da década de 1960.<ref>Sarah Gamble, ed. ''The Routledge companion to feminism and postfeminism'' (2001) p. 25.</ref> As principais figuras e as pioneiras desta segunda onda do feminismo inclúen [[Shulamith Firestone]], Kathie Sarachild, Ti-Grace Atkinson, Carol Hanisch e Judith Brown. Moitos grupos de mulleres locais no final dos anos sesenta, como Women's Liberation Front (WLF) da UCLA, ofreceron declaracións diplomáticas de ideoloxías do feminismo radical. A cofundadora do WLF da UCLA , Devra Weber, lembra: «... as feministas radicais opuxéronse ao patriarcado, mais non necesariamente ao [[capitalismo]]. No noso grupo, polo menos, elas opuxéronse ás chamadas loitas de liberación nacional dominadas por varóns».<ref>Linden-Ward & Green, p. 418.</ref> «O feminismo radical tivo unha grande influencia no movemento das mulleres e xogou un papel importantísimo na formación da política feminista».<ref>([[Radical feminism#Willis|Willis 1984]], p. xi).</ref>[[Ficheiro:Leffler - WomensLib1970 WashingtonDC (cropped).jpg|miniatura|400px|Manifestación Women's Liberation en [[Washington, D.C.|Washington D.C.]], [[1970]].]]
 
Estas mulleres axudaron a asegura a ponte que traduciu a protesta radical pola igualdade racial á loita polos dereitos das mulleres. Ao presenciaren a discriminación e a opresión á cal estaba sometida a poboación negra, puideron gañar forza e motivación para facer o mesmo polas súas compañeiras. Avogaron pola causa e intercederon por unha variedade dos problemas que tiñan as mulleres, incluíndo o aborto, a Emenda de igualdade de dereitos, o acceso ao creto e ao soldo igualitario.
 
== Notas ==
{{Listaref}}