Casa Branca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 6:
O deseño da Casa Branca viuse inspirado pola Leinster House ([[Dublín]]), e Castletown House (Celbridge, Irlanda), ambas seguindo o estilo do [[Palladianismo]].
 
Como o seu nome indícao, é un edificio branco localizado na ''Pennsylvania Avenue'' Nº 1600 (Avenida Pensilvania) ao noroeste de [[Washington, DCD.C.]]. Proxectada durante o primeiro mandato de George Washington, o edificio foi inaugurado por [[John Adams]] en [[1800]]. Formalmente este edificio recibiu os nomes de Palacio Presidencial, a Mansión Executiva, ata que o presidente [[Theodore Roosevelt]] chamouno ''«A Casa Branca»''.<ref>{{Cita libro |apelidos=Seale, William |título=The President's House, A History. Volume II. |ano=1986 |publicación=White House Historical Association |páxinas=p 689. 1 |id=0-912308-28-1}}</ref>
 
A construción está inspirada na "Villa Rotonda" unha das múltiples que se atopan no [[Véneto]] italiano.
Liña 24:
Adams viviu na casa pouco tempo, e pronto foi ocupada polo presidente [[Thomas Jefferson]] que considerou como agrandar a Casa Branca. Coa axuda de Benjamin Henry Latrobe, axudou a proxectar o deseño das Columnatas Leste e Oeste, pequenas ás que axudaban a ocultar as operacións domésticas de lavandería, unha corte e un almacén. Actualmente as columnatas Jefferson unen a residencia coas Á Leste e [[Á Oeste|Oeste]].
 
Durante a [[Guerra Anglo-Estadounidense de 1812|Guerra de 1812]], gran parte de [[Washington, DCD.C.]] foi incendiado polas tropas británicas en vinganza pola queima dos Edificios do Parlamento do [[Alto Canadá]] (actualmente [[Toronto]]) na Batalla de York, deixando a Casa Branca en ruínas. O interior da mansión quedou destruído, e soamente as paredes exteriores permaneceron, e tiveron que ser derrubadas e posteriormente reconstruídas debido ao debilitamento que causou o lume e á posterior exposición aos elementos, fóra de porcións da parede sur. Unha lenda xurdiu por mor da reconstrución da estrutura, que dicía que se utilizou pintura branca para ocultar os danos que producira o incendio, dando ao edificio o seu nome. Isto é infundado, dado que o edificio xa fora pintado de branco desde a súa construción en 1798. De tódolos obxectos que foron saqueados da Casa Branca durante a guerra, só se recuperaron dúas - unha pintura de [[George Washington]], rescatada pola entón primeira dama Dolley Madison cando escapaba da Mansión, e unha caixa de xoiería, que foi devolta ao presidente [[Franklin Delano Roosevelt]] en 1939 por un canadense que dixo o seu avó tomouna. A maior parte dos obxectos perdéronse cando un convoi de naves británicas co ''HMS Fantome'' á fronte, afundiuse cando se dirixía de Halifax (Nova Escocia) a Prospect, [[Canadá]], durante unha tormenta na noite do 24 de novembro de 1814.[https://web.archive.org/web/20070311135057/http://herald.ns.ca/Metro/468063.html]
 
=== A necesidade de máis espazo, a Á Oeste ===
En tempos da [[Guerra Civil Estadounidense]], a Casa Branca estaba ateigada. Algúns tamén se queixaron pola situación da Casa Branca, xusto ao norte dunha canle e uns pantanos, que constituían as condicións idóneas para contraer a [[malaria]] e outras condicións insalubres<ref name="epstein">{{Cita libro |título=The East and West Wings of the White House |autor=Epstein, Ellen Robinson |ano=1971–1972 |publicación=Records of the Columbia Historical Society}}</ref>. Pedíuselle ao xeneral de brigada Nathaniel Michler propor solucións para tratar estas preocupacións<ref name="epstein"/>. Propuxo abandonar a Casa Branca como residencia, e utilizala soamente para negocios; propuxo un novo Palacio para a Primeira Familia en Meridian Hill Park en [[Washington, DCD.C.]] <ref name="epstein"/>, pero o plan foi rexeitado polo Congreso.
 
En 1891, a Primeira Dama Caroline Harrison propuxo extensións á Casa Branca, que incluían unha Á Nacional no leste para unha galería de arte histórica, e unha á no Oeste para funcións oficiais. Deseñouse un proxecto polo Coronel Theodore A. Bingham, que reflectiu o plan de Harrison<ref name="epstein"/>. En 1901, Theodore Roosevelt e a súa gran familia trasladáronse á Casa Branca, e atopouna demasiado pequena<ref name="epstein"/>. Tres arquitectos, McKim, Mead, e White, foron contratados para realizar renovacións e a súa ampliación, incluíndo a [[Á Oeste]]. A Primeira Familia pasou catro meses de 1902 nunha residencia temporal no número 22 de Jackson Place <ref name="epstein"/>. Cara a 1909, o presidente [[William Taft]] necesitou máis espazo. Empregaron ao arquitecto Nathan C. Wyeth para engadir máis espazo na Á Oeste, que incluíu a instalación do [[Despacho Oval]] <ref name="epstein"/>.