Volante de inercia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos nas cabeceiras
Liña 2:
'''Volante de inercia''' é un elemento que contribue a prestar estabilidade a un sistema móbel. O volante é totalmente pasivo, unicamente achega ao sistema unha [[inercia]] adicional coa súa [[masa]] . Este volante continua o seu movemento por inercia cando se baixa o [[par motor]] que o propulsa e opónse á aceleración cando este aumenta. Desta forma, o volante de inercia oponse á aceleración ou parada brutais nun movemento rotativo. Así se conseguen reducir as flutuacións de velocidade.
 
== Principio de funcionamento ==
Estes elementos son necesarios pois na maior parte das máquinas motrices, o traballo producido pola expansión do [[máquina de vapor|vapor]], pola explosión ou pola combustión das [[mestura carburada|mesturas carburadas]], é transmitido por un mecanismo [[biela-manivela]] a unha árbore animada de movemento continuo (pénsese por exemplo nunha [[locomotora de vapor]] ou o motor dun [[automóbil]]). As diferentes fases dos ciclos motores non teñen a mesma importancia en canto á produción de enerxía; ademais o mecanismo biela-manivela non garante un par constante.