Henrik Klackenberg: Diferenzas entre revisións

arqueólogo, numismático e heraldista sueco
Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Publícase o artigo.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 28 de novembro de 2020 ás 22:55


Sven Henrik Klackenberg, nado o 1 de marzo de 1954 en Danderyd, provincia de Estocolmo, , é un arqueólogo, numismático, anticuario e heraldista sueco, responsable da heráldica estatal de Suecia desde 1999.

Infotaula de personaHenrik Klackenberg
Sven Henrik Klackenberg
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1954
Datos persoais
País de nacionalidadeSueca.
EducaciónUniversidade de Estocolmo.
Coñecido porDirector do Museo Histórico de Estocolmo.
Heraldista do Estado Sueco.
Actividade
Campo de traballoArqueoloxía, numismática, museoloxía e heráldica
Ocupaciónheraldista , arqueólogo Editar o valor em Wikidata
Premios
- (2004) Medalla Gunnar Holst.
- (2019): Medalla de ouro da Sociedade Heráldica Sueca.
- (2020): Medalla de ouro da S. M. o Rei de Suecia.

Traxectoria

Klackenberg fixo os seus estudos superiores de Historia e Arqueoloxía na Universidade de Estocolmo, onde se graduou en 1978. Posteriormente acadou o seu doutoramento na Universidade de Lund en 1992 cunha tese sobre a cuñaxe de moeda na Suecia medieval.[1]

A súa primeira actividade profesional desenvolveuna traballando como arqueólogo na Xunta de Patrimonio Nacional de Suecia (Riksantikvarieämbetet), entre 1979 e 1984. Posteriormente pasou a ocupar o posto de anticuario do Museo Histórico de Estocolmo e en 1993 foi nomeado director dese museo e do Gabinete Real de Moedas (Kungliga Myntkabinettet).[1]

En 1998 foi designado heraldista adxunto e en 1999 responsable da heráldica estatal dos Arquivos Nacionais Suecos.[2] Esta responsabilidade leva aparellada a súa pertenza ao Comité Nacional Sueco de Xenealoxía e Heráldica, á Fundación Nacional Sueca e ao Comité Sueco de Tradición da Defensa.[1][3]

Klackenberg foi presidente da Sociedade Arqueolóxica Sueca (1997-1999) e formou parte do consello directivo da Asociación Sueca de Humanidades (1999-2007).[1]

Recoñecementos

  • (2004): Medalla Gunnar Holst (Gunnar Holst Stiftelse för Numismatik), de Gotemburgo, Suecia,.[4]
  • (2011): Cabaleiro de 1ª clase da Orde da Rosa Branca de Finlandia.[1]
  • (2013): Chambelán da Corte Real de Suecia (Kungliga Hovstaterna).[1]
  • (2016): Comisionado da Comisión Internacional para as Ordes de Cabalaría.[1]
  • (2019): Medalla de ouro da Sociedade Heráldica Sueca (Svenska Heraldiska Föreningen).[5]
  • (2020): Medalla de ouro da S. M. o Rei de Suecia (H.M. Konungens medalj).[6]

Publicacións

Estes son os traballos monográficos máis significativos dos publicados por Henrik Klackenberg ao longo da súa carreira:[7]

  • (1977). Bebyggelsen i Svartlösa härad vid 1500-talets mitt. Estocolmo.
  • (1980). Falköpings medeltida bebyggelse. 2. Stockholms universitet.
  • (1981). Falköping. Rapport. Riksantikvarieämbetet och Statens historiska museer. Estocolmo. ISBN 91-7192-486-8
  • (1981). Skövde. Rapport. Riksantikvarieämbetet och Statens historiska museer. Estocolmo. ISBN 91-7192-487-6
  • (1981). Hjo. Rapport. Riksantikvarieämbetet och Statens historiska museer. Estocolmo. ISBN 91-7192-524-4
  • (1982). Lidköping. Rapport. Riksantikvarieämbetet och Statens historiska museer. Estocolmo. Libris länk. ISBN 91-7192-509-0
  • (1983). Bogesund. Rapport. Riksantikvarieämbetet och Statens historiska museer. Estocolmo. ISBN 91-7192-543-0
  • (1984). Hästholmen. Rapport. Riksantikvarieämbetet och Statens historiska museer. Estocolmo. ISBN 91-7192-605-4
  • (1992). Moneta nostra: monetarisering i medeltidens Sverige. Lund studies in medieval archaeology. Almqvist & Wiksell, Estocolmo. ISBN 91-22-01506-X
  • (2002). Medeltidsstadens arkeologi. Swedish Science Press, Uppsala.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Véxase (1992) en "Bibliografía".
  2. Stugart, M. (2004). ”DN GRATULERAR: Han vårdar vårt kulturarv”. Dagens Nyheter. 1 de marzo.
  3. "Han förvaltar vårt heraldiska arv Henrik Klackenberg berättar om sin uppgift som Statsheraldiker". Svenska Heraldiska Föreningen.
  4. "Gunnar Holst-priset för år 2004". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Febreiro de 2005. Páxina 13.
  5. Medaljörer 2019. Henrik Klackenberg". Svenska Heraldiska Föreningen”.
  6. "Medaljförläningar 28 januari 2020". Sveriges Kungahus.
  7. "Klackenberg, Henrik, 1954". Libris.kb.se