Asparagales: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 131:
As súas [[semente]]s son características, coa epiderme externa da cuberta seminal obliterada (na maioría das especies de froitos carnosos), ou presente e cunha costra de [[fitomelanina]]s negra e carbonácea en moitas especies de froito seco. Normalmente, a parte interna da cuberta seminal está completamente colapsada. En contraste, as sementes de [[Liliales]] (morfoloxicamente similares) sempre teñen unha epiderme externa ben desenvolvida, non teñen fitomelaninas, e usualmente reteñen unha estrutura celular na porción interna da cuberta seminal.
 
O carácter infrecuente de ter un [[crecemento secundario anómalo]] cun [[meristema]] en ringleiras superpostas ("etáxeno") está prácticamentepracticamente restrinxido aos xéneros deste [[clado]] (fóra deste clado, está presente só en ''[[Dioscorea]]''). Algunhas destas especies, dos xéneros ''[[Agave]]'', ''[[Aloe]]'', ''[[Cordyline]]'', ''[[Dracaena]]'', ''[[Nolina]]'' e ''[[Yucca]]'', convértense en árbores curtas e macizas, xeralmente (pero non sempre) con ramificación limitada (por exemplo ''Aloe'', ''Dracaena'', ''Yucca''). Outros xéneros como ''[[Aphyllanthes]]'' e ''[[Lomandra]]'', teñen este mesmo tipo de crecemento secundario pero restrinxido aos seus talos subterráneos.
 
Outros caracteres apomórficos da orde son: a presenza de [[ácido chelidónico]], quizais a de [[Velame (botánica)|velame]], talvez a das células [[hipoderme|hipodérmicas]] das raíces dimórficas, as [[antera]]s máis longas que largas, as células do [[tapete (botánica)|tapete]] de bi- a tetranucelares, a [[microsporoxénese]] simultánea (pero ver o apartado de Filoxenia), a presenza de [[Estilo (Botánica)|estilo]] no [[pistilo]], as sementes con [[exotesta]], o [[Tegmen (botánica)|tegmen]] non persistente, o [[endosperma]] helobial, e a perda do [[xene]] [[mitocondria]]l sdh3.