Diferenzas entre revisións de «Gran Premio de Mónaco de 1970»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
 
 
== Resumo ==
Non houbo cambios significativos na liña de saidasaída de Mónaco, a única noticia foi [[Ronnie Peterson]], participando cun [[March Engineering|March]] privado. O equipo [[Team Lotus|Lotus]] decidiu levar o vello [[Lotus 49|49]] en vez do novo chasis [[Lotus 72|72]], a pesar das probas nunha carreira non de campionato en [[Circuíto de Silverstone|Silverstone]] un par de semanas antes. Na cualificación, March copou a primeira fila, con [[Jackie Stewart]] na pole (para o equipo [[Tyrrell Racing|Tyrrell]]) e [[Chris Amon]] a seu carón. O terceiro lugar foi para o [[McLaren]] de [[Denny Hulme]], e o cuarto para o [[Brabham]] de [[Jack Brabham]]; detrás deles estaba o [[Scuderia Ferrari|Ferrari]] de [[Jacky Ickx]]. O primeiro piloto de Lotus foi [[Jochen Rindt]], cualificou en oitavo lugar.
 
A pesar da choiva nos días anteriores, o sol brillaba o día da carreira, e a pista estaba seca. Ao principio, Stewart liderou a carreira, con Amon, Brabham, Ickx e [[Jean-Pierre Beltoise]] detrás del, na segunda volta, Beltoise pasou Ickx. Stewart comezou a afastarse, polo que a orde mantívose sen cambios ata a volta 12, cando Ickx retirouse cun fallo na transmisión. Na volta 22 Beltoise, retirouse con problemas na transmisión, na mesma volta Brabham pasou a Amón ao segundo lugar. Parecía que Stewart podía repetir comodamente a vitoria que tivo en [[Gran Premio de España de 1970|España]], pero na volta 27 o seu March comezou fallar, e detívose nos pits. Isto deixou ao Brabham á fronte, con Amón, Hulme e Rindt, que se abriu camiño desde o medio do pelotón. Na súa primeira carreira, Peterson estaba facéndoo ben, no sétimo lugar, mentres o motor do [[BRM]] de [[Jackie Oliver]] fallou, deixando aos comisarios un arduo traballo para limpar todo o aceite que caeu na pista.
7.541

edicións