Diego Armando Maradona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 68:
== Traxectoria ==
=== Comenzos ===
Naceu o 30 de outubro de 1960 na provincia arxentina de Lanús, fillo de Diego Maradona e Dalma Salvadora Franco. Ten ascendencia croata e galega, pois en 1745 Francisco Fernández de Maradona, nado en [[Arante, Ribadeo|Arante]] ([[Ribadeo]]), emigrou á Arxentina, afincándose en San Juan de Cuyo.<ref>{{Cita web|url=https://blog.myheritage.es/2010/06/diego-armando-maradona-de-ascendencia-croata-y-gallega/|páxina-web=My heritage blog|título=Diego Armando Maradona tiene ascendencia gallega y croata|data-acceso=29/06/2020}}</ref>, onde casou con Francisca Arias de Molina, comezando así a saga dos Maradona arxentinos<ref>{{Cita novas|data=26/11/2020|título=El Gallego Maradona|url=https://www.farodevigo.es/deportes/2020/11/26/gallego-maradona-25606557.html|data-acceso=28/11/2020|nome=Salvador|apelidos=Rodríguez|xornal=Faro de Vigo}}</ref>. Criouse en Villa Fiorito, unha localidade sita no sur de [[Buenos Aires]]. O seu primeiro contacto co mundo do fútbol foi en [[1969]], cando realizou unha proba para entrar no club de fútbol Los Cebollitas.
 
Con 12 anos xogou algúns partidos coas divisións inferiores de [[Asociación Atlética Argentinos Juniors|Argentinos Juniors]]. Para que isto sucedera o adestrador debía mentir sobre a súa idade, xa que non alcanzaba a mínima disposta polo regulamento, e cando comezou a ser coñecido inscribiuno con outro nome. O seu paso polas categorías inferiores foi moi curto, xa que antes de cumprir os 16 anos debutou no primeiro equipo de Argentinos Juniors.