Rolls-Royce Trent 7000: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{Motor de aviación|nome=Rolls-Royce Trent 7000|imaxe=File:Trent 1000 GoodwinHall VirginiaTech.jpg|pé de foto=|tipo=[[turboventilador]]|fabricante=[[Rolls-Royce]]|deseñador=|primeiro encendido=[[27 de novembro]] de [[2015]]|aplicaciós=[[Airbus A330neo]]|unidades construídas=|custo do programa=|custo unitario=|desenvolvido do=[[Rolls-Royce Trent 1000]]|variantes co seu propio artigo=|desenvolvido en=}}
O '''Rolls-Royce Trent 7000''' é un motor [[turboventilador]] de alta derivación fabricado por [[Rolls-Royce]]. Trátase dunha variante da familia [[Rolls-Royce Trent|Trent]] que equipa exclusivamente ao [[Airbus A330neo]].<ref name=":0">{{Cita web|título=Airbus selects Rolls-Royce Trent 7000 as exclusive engine for the A330neo|url=https://www.rolls-royce.com/media/press-releases/2014/140714-a330neo.aspx|páxina-web=www.rolls-royce.com|data-acceso=2020-11-26|lingua=en}}</ref> O motor anunciouse o [[14 de xullo]] de [[2014]]<ref name=":0" /> e o seu primeiro encendido realizouse o [[27 de novembro]] de [[2015]].<ref name=":1">{{Cita web|título=Rolls-Royce celebrates first run of Trent 7000 demonstrator engine|url=https://www.rolls-royce.com/media/press-releases/2015/pr-27-11-2015-rr-celebrates-first-run-of-trent-7000-demonstrator-engine.aspx|páxina-web=www.rolls-royce.com|data-acceso=2020-11-26|lingua=en}}</ref> O seu primeiro voo foi o [[19 de outubro]] de [[2017]] a bordo do A330neo e recibiu a certificación de tipo da [[EASA]] o [[20 de xullo]] de [[2018]] como unha variante do [[Trent 1000]].<ref>{{Cita web|título=EASA certifies Rolls-Royce Trent 7000|url=https://www.aerospacemanufacturinganddesign.com/article/easa-certifies-rolls-royce-trent-7000-073118/|páxina-web=Aerospace Manufacturing and Design|data-acceso=2020-11-26|lingua=en}}</ref> A súa primeira entrega foi o [[26 de novembro]] e aprobouse para [[ETOPS]] 330 o [[20 de decembro]]. Comparado co [[Trent 700]] do [[A330]], o 7000 dobra o cociente de derivación ata 10:1 e é a metade de ruidoso. O cociente de presión aumenta ata 50:1, e ten un ventilador de 280 cm e un sistema de purgado de aire. O consumo de combustible tamén mellora nun 11%.
 
== Desenvolvemento ==
O Trent 7000 anunciouse no Farnborough Airshow o día [[14 de xullo]] de [[2014]] como o motor exclusivo do [[Airbus A330neo]], sucedendo ao [[Rolls-Royce Trent 700|Trent 700]] usado no [[Airbus A330]].<ref name=":0" /> Encendeuse por vez primeira o [[27 de novembro]] de [[2015]] nun banco de probas en [[Derby]].<ref name=":1" /> Aínda que os dous primeiros motores de proba fabricáronse en Derby, o resto dos Trent 7000 montanse nas instalacións de Rolls-Royce en [[Singapur]].<ref>{{Cita web|título=Rolls-Royce Developing New Engines in Singapore|url=https://aviationweek.com/rolls-royce-developing-new-engines-singapore|páxina-web=Aviation Week Network|data-acceso=2020-11-26}}</ref>
 
En 2015 Rolls-Royce tivo problemas no desenvolvemento do [[Rolls-Royce Trent 1000|Trent 1000]] TEN, e tivo que destinar máis recursos para cumprir cos prazos para o voo de estrea do [[Boeing 787-10]] en marzo de 2017, atrasando así o Trent 7000.<ref>{{Cita web|título=Rolls Readies For Dual Debuts At Paris But Misses Out On A330neo|url=https://aviationweek.com/shownews/paris-airshow/rolls-readies-dual-debuts-paris-misses-out-a330neo|páxina-web=Aviation Week Network|data-acceso=2020-11-26}}</ref> O primeiro par de motores enviáronse a Airbus en xuño de 2017<ref>{{Cita web|título=Rolls-Royce sends first Trent 7000 pair to Airbus|url=https://www.flightglobal.com/engines/rolls-royce-sends-first-trent-7000-pair-to-airbus/124415.article|páxina-web=Flight Global|data-acceso=2020-11-26|lingua=en|nome=Michael|apelidos=Gubisch}}</ref> e realizou o seu primeiro voo a bordo dun A330neo o [[19 de outubro]] dese ano, xusto despois de rematar as probas en terra.
 
== Notas ==