Rolls-Royce Trent 7000: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
básico de en.wiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 26 de novembro de 2020 ás 09:48

O Rolls-Royce Trent 7000 é un motor turboventilador de alta derivación fabricado por Rolls-Royce. Trátase dunha variante da familia Trent que equipa exclusivamente ao Airbus A330neo.[1] O motor anunciouse o 14 de xullo de 2014[1] e o seu primeiro encendido realizouse o 27 de novembro de 2015.[2] O seu primeiro voo foi o 19 de outubro de 2017 a bordo do A330neo e recibiu a certificación de tipo da EASA o 20 de xullo de 2018 como unha variante do Trent 1000.[3] A súa primeira entrega foi o 26 de novembro e aprobouse para ETOPS 330 o 20 de decembro. Comparado co Trent 700 do A330, o 7000 dobra o ratio de derivación ata 10:1 e é a metade de ruidoso. O ratio de presión aumenta ata 50:1, e ten un ventilador de 280 cm e un sistema de purgado de aire. O consumo de combustible tamén mellora nun 11%.

Rolls-Royce Trent 7000
Tipoturboventilador
FabricanteRolls-Royce
Primeiro encendido27 de novembro de 2015
Principais aplicaciósAirbus A330neo
Desenvolvido doRolls-Royce Trent 1000

Notas

  1. 1,0 1,1 "Airbus selects Rolls-Royce Trent 7000 as exclusive engine for the A330neo". www.rolls-royce.com (en inglés). Consultado o 2020-11-26. 
  2. "Rolls-Royce celebrates first run of Trent 7000 demonstrator engine". www.rolls-royce.com (en inglés). Consultado o 2020-11-26. 
  3. "EASA certifies Rolls-Royce Trent 7000". Aerospace Manufacturing and Design (en inglés). Consultado o 2020-11-26.