Eduardo Ruiz Pons: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Estudou Dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Involucrouse na vida universitaria da época. Trabou amizade con [[Antolín Faraldo Asorey]] e [[Ramón de la Sagra Peris]], entre outros revolucionarios. Xunto ao comandante [[Miguel Solís]] levantáronse en [[1846]] contra o ditador [[Ramón María Narváez y Campos|Narváez]], reclamando un novo estatuto para Galiza, que non tiña representación no goberno. Madrid enviou ao xeneral [[José Gutiérrez de la Concha|de la Concha]], que os derrotou en [[Cacheiras, Teo|Cacheiras]] ([[Teo]]). Os doce xefes militares foron sometidos a unaunha farsa de xuízo e fusilados o [[26 de abril]] en [[Carral]] (episodio dos [[Mártires de Carral]]). Eduardo Ruiz tivo que emigrar, sendo amnistiado tralo cambio de réxime, e concedéuselle a Cruz do valor.
 
En [[Madrid]] exerceu como avogado, estudou [[Ciencia]]s e publicou artigos en ''[[La Discusión (Madrid)|La Discusión]]'', do que foi director, o que lle provocou enfrontamentos. Posteriormente foi profesor de historia natural nos institutos de [[Oviedo]], [[Pontevedra]] e [[Zaragoza]]. Foi elixido deputado nas eleccións de [[1854]] pola xurisdición da [[A Coruña|Coruña]]. Nas Cortes votou contra a [[monarquía]], polo que tivo que emigrar de novo. O Goberno español informou ao francés, sendo detido 21 días en [[Bordeos]]. Tras unha nova amnistía instalouse en Zaragoza, onde publicou un programa democrático, motivo polo que foi procesado en [[1861]] e condenado a 1.000 pesetas de multa e 12 anos de cadea. Foi absolto ao ano seguinte, e marchou a [[Xénova]] para unirse con [[Giuseppe Garibaldi|Garibaldi]], pero este non o aceptou. Entón instalouse en [[Porto, Portugal|Porto]], onde publicou un libro sobre democracia. Alí faleceu en 1865.