Crocodylus porosus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Viascos (conversa | contribucións)
m Arranxos pequenos e ligazóns vermellas
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 61:
[[Ficheiro:Large crocodile in park.jpg|miniatura|Gran crocodilo de auga salgada nun parque]]
 
O crocodilo de auga salgada é un dos tres crocodilos que se encontran na [[India]], xunto co [[Crocodylus palustris|crocodilo das marismas]] e o [[gavial]].<ref>{{Cita libro| last = Hiremath| first = K. G.| title = Recent advances in environmental science| publisher = Discovery Publishing House|year= 2003| isbn = 81-7141-679-9}}</ref> Aparte da costa este da India, o crocodrilocrocodilo de auga salgada é extremadamente raro no subcontinente indio.<ref>{{Cita publicación periódica|author=de Vos, A. |year=1984|title=Crocodile conservation in India|journal=Biological conservation|volume=29|issue=2|pages=183–189|url=http://pdf.usaid.gov/pdf_docs/PNAAR887.pdf|doi=10.1016/0006-3207(84)90076-4}}</ref> Unha gran poboación vive no [[Santuario de Vida Silvestre de Bhitarkanika]] de Odisha e está presente en menores cantidades en diversas partes dos [[Sundarbans]] da India e [[Bangladesh]]. Tamén persiste na fronteira con Bangladesh.<ref>Choudhury, B.C. & de Silva, A. (2013). ''Crocodylus palustris''. The IUCN Red List of Threatened Species. {{DOI|10.2305/IUCN.UK.2013-2.RLTS.T5667A3046723.en}}</ref><ref>Choudhury, B.C., Singh, L.A.K., Rao, R.J., Basu, D., Sharma, R.K., Hussain, S.A., Andrews, H.V., Whitaker, N., Whitaker, R., Lenin, J., Maskey, T., Cadi, A., Rashid, S.M.A., Choudhury, A.A., Dahal, B., Win Ko Ko, U., Thorbjarnarson, J & Ross, J.P. (2007). [http://www.iucnredlist.org/details/8966/0 ''Gavialis gangeticus'']. The IUCN Red List of Threatened Species</ref> Hai poboacións nos mangleirais e outras áreas costeiras das [[illas Andaman]] e [[illas Nicobar|Nicobar]] da India. Antes estaban presentes na maior parte de [[Sri Lanka]], pero agora case só quedan en áreas protexidas como o [[Parque Nacional de Yala]].
 
No norte de [[Australia]] (que inclúe as partes máis ao norte do [[Territorio do Norte]], [[Australia Occidental]] e [[Queensland]]), a especie está prosperando, especialmente nos numerosos sistemas fluviais preto de [[Darwin, Australia|Darwin]] como os ríos Adelaide, Mary e Daly, xunto cos seus adxacentes ''[[billabong]]s'' (ramais e pozas) e [[estuario]]s.<ref>{{Cita publicación periódica|author=Messel, H. |author2=Vorlicek, G. C. |year=1986|title=Population-Dynamics and Status of Crocodylus-Porosus in the Tidal Waterways of Northern Australia|doi=10.1071/WR9860071 |journal= Wildlife Research|volume= 13|issue=1|pages=71–111}}</ref> A poboación do crocodilo de auga salgada en Australia estímase en 100&nbsp;000 a 200&nbsp;000 adultos. En Australia, a especie coexiste co máis pequeno e de fociño estreito [[crocodilo de auga doce australiano]] (''C. johnstoni'').<ref>Crocodile Specialist Group. (1996). ''Crocodylus johnsoni''. The IUCN Red List of Threatened Species. {{DOI|10.2305/IUCN.UK.1996.RLTS.T46589A11063442.en}}</ref> A súa área de distribución esténdese desde [[Broome]] ([[Australia Occidental]]) a través de toda a costa do Territorio Norte polo sur ata [[Rockhampton, Queensland]]. O [[río Alligator]] na rexión da [[Terra de Arnhem]] ten ese equivocado nome polo parecido entre o crocodilo de auga salgada e o aligátor se o comparamos co [[crocodilo de auga doce australiano]], que tamén habita no Territorio Norte, pero é moi distinto.<ref>{{Cita web|title=West Alligator River|url=http://www.ntlis.nt.gov.au/placenames/view.jsp?id=19576|work=Northern Territory Land Information System|publisher=Northern Territory Government|accessdate=25 de setembro de 2012}}</ref>
Liña 76:
O crocodilo de auga salgada está extinguido en gran parte da súa antiga área nas [[Filipinas]] e actualmente só quedan poboacións nunhas poucas localidades diseminadas. Na illa de [[Mindanao]] a especie está presente no pantano Ligawasan e vías acuáticas adxacentes no suroeste da illa e tamén no Santuario de Vida Silvestre do pantano de Agusan na pare oriental da illa, onde en setembro de 2011 se capturou un crocodilo de auga salgada de 6,17&nbsp;m, o máis grande medido, despois de que matara dúas persoas. Esta especie tamén se encontra en mangleirais da illa de Languyan da provincia de Tawi-Tawi ao sueste de Mindanao e nos mangleirais do concello de Del Carmen na illa Siargao de Mindanao. Na illa de Luzón a especie vive en tres áreas do noroeste: o río Blos do barangay (~distrito) Reina Mercedes, os mangleirais de Divilacan do barangay Dimasalansan e o estuario do río Palanan do barangay Culasi. Na illa de [[Palawan]] a especie subsiste só na parte sur e en anos recentes houbo ataques a humanos na área do río Tuba preto de Bataraza na costa sueste e en preto de Rizal na costa sueste. A especie tamén está presente nas illas do estreito de Balabac entre a illa de Palawán e o estado de Sabah na parte malaia de Borneo. O status da especie no lago Naujan da illa de Mindoro non está claro; detectáronse brillos de ollo de crocodio na auga que se cree que son individuos desta especie, pero non se sabe se queda unha poboación viable.
 
Debido á súa tendencia a viaxar grandes distancias por mar, individuos desta especie aparecen ocasionalmente en áreas que están lonxe das súas zonas habituais. Os individuos errantes chegaban historicamente a [[Nova Caledonia]], [[Fixi]] e a augas de Asia máis ao norte, seguramente nadando coa [[corrente de Kuroshio]],<ref name=ecolumn /> chegando ata [[Iwo Jima]], [[Hachijō-jima]], [[Amami Ōshima]], [[Iriomote|Iriomote]] (onde noutras épocas históricas había poboacións que foron cazadas),<ref>[http://ankei.jp/yuji/file/0503/000075_1.pdf 西表島浦内川河口域の生物多様性とIriomote-jima伝統的自然資源利用の綜合調査報告書1]</ref> augas peláxicas fronte a [[Shima]], [[Península de Miura]],<ref name=ecolumn>{{Cita web |url=https://ecolumn.net/iriewani.htm |título=Copia arquivada |data-acceso=28 de xullo de 2017 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160216053239/https://ecolumn.net/iriewani.htm |dataarquivo=16 de febreiro de 2016 |urlmorta=yes }}</ref> e mesmo nas relativaemnte frías augas do [[mar do Xapón]] (a miles de quilómetros dos seus territorios nativos).<ref name= Kumar>{{Cita libro|author=Kumar, A. |author2=Kumar, S. |author3=Zaidi, Y. F. |author4=Kanaujia, A. |year=2012|title=A review on status and conservation of salt water crocodile (''Crocodylus porosus'') in India|url=http://www.upsbdb.org/pdf/Souvenir2012/ch-16.pdf|pages=141–148}}</ref> A finais de 2008 e comezos do 2009, verificouse a presenza dalgúns destes crocodilos nos sistemas fluviais da [[illa Fraser]] de Australia, a centos de quilómetros e en augas máis cálidas da súa área normal en Queensland. Estes crocodilos migraron ao sur ás illas do norte de Queensland durante a máis cálida estación das chuvias e seguramente volvían ao norte despois de que as temperaturas baixasen, pero isto non é un comportamento novo porque hai moito tempo tamén se observaban máis ao sur, en Brisbane, durante a calorosa estación das chuvias.
 
Os crocodilos de auga salgada xeralmente pasan a estación das chuvias tropical en pantanos e ríos de auga doce, movéndose despois augas abaixo ata os estuarios durante a estación seca e ás veces viaxando lonxe por mar. Compiten ferozmente entre si polo territorio, e os machos dominantes ocupan os tramos máis desexables das correntes de auga doce. Os crocodilos novos son forzados a ir a ríos marxinais e por veces ao océano. Isto explica a ampla área de distribución do animal (desde as costas da India a Australia), e tamén que se encontre en ocasións en lugares pouco comúns para el (como no mar do Xapón). Igual que todos os crocodilos, só poden sobrevivir períodos prolongados en zonas de temperaturas cálidas, e os crocodilos estacionalmente abandonan certas partes de Australia se vai frío.<ref name="Ross">{{Cita libro|title=Crocodiles and Alligators |editor1-last=Ross |editor1-first=Charles A |editor2-last=Garnett |editor2-first=Stephen |publisher=Checkmark Books |year=1989 |isbn=978-0816021741}}</ref>