Club Deportivo Ourense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Trofeo Luis Otero
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 20:
== Historia ==
=== Orixes ===
O Club Deportivo Ourense ten as súas orixes na [[Unión Deportiva Orensana]], fundada no [[1942]]. Ao ano seguinte logrou o ascenso á [[Terceira Divisióndivisión Españolaespañola de fútbol|TerceraTerceira División]], onde xogou ata [[1949]], cando logrou subir á [[Segunda División Española|Segunda División]] debido a ampliación do número de equipos.<ref>[http://senafutbolmarin.blogspot.com/2009/12/u-d-orensana-obras.html Historia da Unión Deportiva Orensana], no blog ''Sena fútbol Marín'', decembro de 2009 {{es}}.</ref>
 
A UD Orensana debutou en Segunda na tempada [[Segunda división española 1949/50|1949–50]] e mantívose tres campañas na división de prata, con postos na zona media da clasificación, até que descendeu na tempada [[Segunda división española 1951/52|1951–52]] ao rematar antepenúltimo, en 14º lugar. Ese mesmo ano chegaron á final da [[Copa Real Federación Española de Fútbol|Copa Federación]], perdendo co [[Real Jaén]]. Logo dese partido, a directiva anunciou suspensión de pagos ao non poder pagar aos xogadores, que marcharon a outros equipos. Ao non poder continuar coa xestión, a entidade desapareceu.
Liña 29:
O equipo clasificouse para as fases finais polo ascenso en tres ocasións consecutivas, acadándoo finalmente no cuarto intento na tempada 1958–59, tras derrotar ao [[Club Deportivo Getxo|CD Getxo]]. Logo de acadar o terceiro posto na tempada de debut en Segunda División, o equipo mantívose cinco anos máis na división de prata. Na campaña 1964–65 descendeu ao finalizar en penúltimo lugar do seu grupo.<ref>[http://cdourense.iespana.es/temporadas/breve_historia.htm "Breve historia"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100319232143/http://cdourense.iespana.es/temporadas/breve_historia.htm |date=19 de marzo de 2010 }}, historia do CD Ourense {{es}}.</ref>
 
Nas seguintes campañas logrouselogrou unha forte superioridade sobre os rivais nas categorías rexionais, copando as primeiras posicións do seu grupo. O equipo mantívose invicto en liga dende marzo de 1967 ata abril de 1969, cando foi derrotado polo [[Real Oviedo-Vetusta|Vetusta]]. Foron 67 partidos invicto, unha marca histórica que non foi superada ata 50 anos despois, nos que o Ourense marcou 197 goles, encaixando só 17.<ref>{{Cita novas|data=26 de outubro de 2020|título=El Lealtad supera el histórico récord de partidos sin perder del CD Orense|url=https://www.abc.es/deportes/futbol/abci-lealtad-supera-historico-record-partidos-sin-perder-orense-202010251911_noticia.html?ref=https:%2F%2Fwww.google.es%2F|data-acceso=25 de novembro de 2020|lingua=es|xornal=[[ABC (xornal)|ABC]]|apelidos=Abizanda|nome=Jorge}}</ref> No 1969 conségueseconseguiu o regreso á segunda división tras vencer ao [[Bilbao Athletic]], se ben só se permaneceu alí un ano ao terminar en última posición. RegresouseRegresou de novo no [[1973]], permanecendo dúas campañas até un novo descenso.
 
=== Vinte anos até o ascenso ===
Coa introdución da [[Segunda división B española|Segunda División B]], o CD Ourense tivo dificultades para emprender o obxectivo do ascenso e atravesou unha crise deportiva. No [[1980]] non puido evitar descender á Terceira División, manténdose nela ata [[1985]]. Nove anos despois, con [[Antonio Teixidó]] e [[José María Gómez Fuertes]] como adestradores, logrouselogrou o ascenso á segunda división, tras acabar a liga en terceiro lugar e logo de eliminar na liguiña de ascenso o [[Real Jaén]], [[Sestao River]] e [[Unió Deportiva Atlètica Gramenet|Gramenet]].<ref>[http://hemeroteca.elmundodeportivo.es/preview/1994/06/05/pagina-59/1304057/pdf.html "El Ourense, nuevo Segunda A"], artigo en ''[[Mundo Deportivo]]'', [[5 de xuño]] de [[1994]] {{es}}.</ref> O equipo rematou a campaña [[Segunda división española 1994/95|1994–95]] en última posición e descendeu á Segunda B, pero regresouseregresou no [[1996]], ano en que a entidade se converteu en [[sociedade anónima deportiva]]. Asemade, por estas datas pasou a galeguizar o seu nome. Durante tres tempadas o club loitou por manterse, pero na tempada [[Segunda división española 1998/99|1998–99]] descendeu de novo.
 
=== Actualidade ===
O CD Ourense intentou volver á Segunda División sen éxito. En anos posteriores as dificultades económicas minguaron, o equipo, que tivo que facer varias ampliacións de capital para garantir a súa existencia. Na tempada 2007–08 os resultados na liga regular empeoraron. Malia que ese mesmo ano gañou a [[Copa Real Federación Española de Fútbol|Copa Federación]] tras impoñerse na final ao [[CF Reus Deportiu|Reus]], acabou 17º na clasificación do grupo I da Segunda B, polo que descendeu á Terceira División. Este feito agravou a situación económica do club, que acumulou impagos a xogadores e estivo a piques de desaparecer.<ref>[http://www.notasdefutbol.com/otras-ligas/el-ourense-agoniza "El Ourense agoniza"], artigo en ''Notas de fútbol'', [[4 de outubro]] do [[2006]] {{es}}.</ref> Porén, logrou manterse en Terceira División con xogadores galegos e da canteira. Na tempada [[Terceira división española 2011/12|2011–12]] resultou campión, clasificándose para a [[Promoción de ascenso a Segunda División B 2011/12|fase de ascenso]] como primeiro de grupo, debendo xogar contra o [[CD Laudio]] na primeira eliminatoria. Tras gañar (1–3) en terras [[Áraba|arabesas]], no partido de volta venceu por un gol no Couto, logrando así o ascenso a [[Segunda División B]].
 
Na tempada [[Segunda división B española 2012/13|2012–13]] o club perdurou na Segunda División B tras conseguir o posto 12º na clasificación. Fíxose tamén oficial a renovación por dúas tempadas do adestrador [[Luisito]].
 
O [[10 de abril]] do [[2014]] o equipo logrou a súa segunda [[Copa Real Federación Española de Fútbol|Copa Federación]] tras impoñerse ao [[CD Guadalajara (España)|Guadalajara]] na dobre final (perdeu 0–1 na ida en Guadalaxara e venceu 2–0 na volta no Estadio do Couto).<ref>{{Cita novas|title=El Ourense conquista la Copa Federación |url=http://www.marca.com/2014/04/10/futbol/mas_futbol/1397161054.html?a=5f362252e02854dd64de4775e73d3a04&t=1397167012 |publisher=''[[Marca (xornal)|Marca]]'' |date=10 de abril de 2014}}</ref> O [[27 de abril]] dimitiu a directiva encabezada por Alejandro Estévez, logo da petición reiterada por parte do equipo e do persoal do club, logo de meses sen cobrar.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2014/04/27/plantel-ourense-exige-escrito-dimision-directiva/0003_2014041398615775444316.htm El plantel del Ourense exige por escrito la dimisión de su directiva]; ''La Voz de Galicia'', 27 de abril de 2014 {{es}}</ref><ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2014/04/28/directiva-ourense-dimite-tras-presion-socios/0003_201404G28P32992.htm La directiva del Ourense dimite tras la presión de sus socios]; ''La Voz de Galicia'', 28 de abril de 2014 {{es}}</ref> Pese a quedar 8º clasificado no campionato de Segunda División B na tempada [[Segunda división B española 2013/14|2013–14]], o equipo descendeu a [[Terceira división española|Terceira División]] por impagamentos aos seus xogadores.<ref>[http://www.marca.com/2014/06/30/futbol/mas_futbol/1404149915.html Descenso administrativo del Ourense a Tercera]; ''Marca'', 30 de xuño de 2014 {{es}}</ref> O 15 de xullo de 2014 remitiu un escrito á [[Federación Galega de Fútbol]] renunciando á súa praza en Terceira División, abocando á entidade á liquidación.<ref>[http://www.galiciaconfidencial.com/nova/19965.html Fin a 62 anos de historia]</ref> Despois da desaparición, dous equipos pretenderon ocupar o seu espazo: o Ponte, renomeado como [[Ourense Club de Fútbol]], orixinalmente do barrio da Ponte, e a [[Unión Deportiva Ourense]], de nova creación. Ao final, foi a segunda a que se converteu, logo dun meteórico ascenso de [[Terceira Galicia|Terceira Galega]] a [[Terceira división española de fútbol|Terceira División]] en catro anos, no club de fútbol de referencia en Ourense.