Tomás de Zumalacárregui: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos nas cabeceiras
Liña 5:
Home de ideas absolutistas, durante o [[trienio liberal]], foi apartado do servizo activo, púxose ás ordes de Quesada, un dos militares realistas sublevados, combateu cos Cen Mil Fillos de San Luís en Aragón e ascendeu a tenente coronel, tras a restauración de [[Fernando VII]] no trono de España e a volta do absolutismo en 1823 formou parte da comisión militar para a represión dos delitos políticos e en 1829 ascendeu a coronel e en 1832 ocupou o posto de gobernador militar de [[Ferrol]], enfrontado coas autoridades navais da localidade solicitou a licenza ilimitada e marchou a [[Pamplona]].<br>
 
== Primeira Guerra Carlista ==
 
Tras a morte de Fernando VII marchou a La Berrueza (Navarra) e uniuse á sublevación carlista baixo o mando de Iturralde e Sarrasa. O 14 de novembro de 1833 os sublevados elixiron en Estella como xefe militar a Zumalacárregui, e comezou a organizar dende a nada en moi pouco tempo un eficaz continxente militar, equipándoo con armas tomadas aos exércitos cristinos nos campos de batalla ou en ataques contra fábricas ou convois, e consciente da súa inferioridade numérica e armamentística reproduciu a táctica guerrilleira que coñecía dende a Guerra de Independencia, amparándose no accidentado do relevo e no apoio de gran parte da poboación civil. O [[7 de decembro]] de 1833 as deputacións de Biscaia e Álava convertérono no xefe das súas tropas. Durante o ano 1834 conseguiu a vitoria na maioría das accións militares, mesmo chegando a provocar a dimisión de Rodil no mando do exército cristino, pero na [[batalla de Mendaza]] a fins dese ano saiu derrotado e na [[batalla de Arquijas]] optou pola retirada. <br>