Voo 670A de Loganair: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4:
 
== Avión e tripulación ==
O avión accidentado era un [[turbohélice]] [[Short 360|Short 360-100]] fabricado por [[Short Brothers Limited]] en [[1987]], con número de serie SH 3723 e rexistro G-BMNT. Estaba equipado con dous motores [[Pratt & Whitney Canada PT6|Pratt & Whitney Canada PT6A-67R]]. Os asentos dos pasaxeiros foran retirados para ser usado como cargueiro e o seu Certificado de Aeronavegabilidade era válido ata o [[15 de outubro]] de [[2001]]. O aparello estaba cargado con 1 360 kg de combustible e levaba 1 040 kg de carga, cun peso total na engalaxe de 10 149 kg. O [[peso máximo nade engalaxe]] certificado do Short 360 son 12 292 kg.
 
A tripulación estaba formada por un piloto de 58 anos cunha licenza de transporte válida e 13 569 horas de experiencia como piloto ao mando. O copiloto tiña 29 anos, tiña tamén unha licenza válida e unha experiencia de 438 horas.<ref>{{Cita web|url=https://www.heraldscotland.com/news/11988972.death-crash-airline-did-not-know-about-snow-danger/|páxina-web=HeraldScotland|título=Death-crash airline did not know about snow danger|data-acceso=2018-12-15|lingua=en}}</ref>