Airbus A350: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m imaxe
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 92:
 
En xuño de 2017, tras 30 meses de operacións comerciais, había 80 A350 en servizo con 12 operadores, sendo o maior Qatar Airways con 17 aparellos, seguido por Cathay Pacific e Singapore Airlines con 13 cada un.<ref name=":4">{{Cita web|título=ANALYSIS: A350-900 deployment highlights broad network coverage|url=https://www.flightglobal.com/analysis/analysis-a350-900-deployment-highlights-broad-network-coverage/124047.article|páxina-web=Flight Global|data-acceso=2020-11-21|lingua=en|nome=Max|apelidos=Kingsley-Jones}}</ref> O tempo medio dos voos da frota era de 7,2 horas, sendo o 53% deles de menos de 5 556 km, o 16% de máis de 9 260 km, e o 31% restante estaba entre esas distancias. [[LATAM Airlines]] tiña o tempo medio máis alto con 10,7 horas, e [[Asiana Airlines|Asiana]] o máis curto con 3,8.<ref name=":4" /> Singapore Airlines operaba a ruta máis longa, dende [[Singapur]] ata [[San Francisco]] (13 594 km), e tamén a máis curta, de Singapur a [[Kuala Lumpur]] (296 km).<ref name=":4" /> En 2016 entregáronse un total de 49 avións e planeouse que o ritmo de produción mensual aumentase ata os 10 cara finais de 2018, cifra que finalmente acadouse en 2019 cando Airbus entregou 112 aparellos en 11 meses.<ref name=":4" />
 
En outubro de 2017 Airbus probou [[Winglet|sharklets]] máis grandes, que poderían darlle un alcance extra de ata 260 km ao A350 e reducir o consumo de combustible ao redor do 1,5%.<ref>{{Cita web|título=Airbus working on new Sharklets for A350|url=https://leehamnews.com/2017/10/25/airbus-working-new-sharklets-a350/|páxina-web=Leeham News and Analysis|data=2017-10-25|data-acceso=2020-11-24|lingua=en-US|apelidos=leehamcoeu}}</ref> No presente o winglet estase cambiando polo novo máis ancho. [[Iberia Líneas Aéreas de España|Iberia]] foi o primeiro cliente en recibir o -900 actualizado o 26 de xuño de 2018, con 280 toneladas de peso máximo na engalaxe para un alcance de 15 186 km e 325 pasaxeiros en tres clases.<ref>{{Cita web|título=IBERIA gets upgraded A350-900|url=https://leehamnews.com/2018/01/31/iberia-get-upgraded-a350-900/|páxina-web=Leeham News and Analysis|data=2018-01-31|data-acceso=2020-11-24|lingua=en-US|apelidos=leehamcoeu}}</ref><ref>{{Cita web|título=Iberia takes delivery of its first A350-900|url=https://www.airbus.com/newsroom/press-releases/en/2018/06/iberia-takes-delivery-of-its-first-a350-900.html|páxina-web=Airbus|data-acceso=2020-11-24|lingua=en}}</ref> En febreiro de 2018 Airbus entregara 142 A350-900 cunha fiabilidade do 99,3%.<ref>{{Cita web|título=Airbus Debuts A350-1000 at Singapore Airshow|url=https://aviationweek.com/shownews/singapore-airshow/airbus-debuts-a350-1000-singapore-airshow|páxina-web=Aviation Week Network|data-acceso=2020-11-24}}</ref>
[[Ficheiro:F-WXWB A350 Airbus tailfin VGO.jpg|miniatura|251x251px|Deriva co control laminar de de fluxo híbrido durante as súas probas no aeroporto de Vigo.]]
Na primavera de 2019 Airbus probou un control de fluxo laminar híbrido (HLFC) no bordo de ataque do estabilizador vertical dun prototipo do A350. O prototipo achegouse ao aeroporto de Vigo para realizar parte destas probas o día 22 de maio, enmarcadas dentro do programa [[Clean Sky]] da [[Unión Europea]].<ref>{{Cita web|título=Does Airbus A350 Laminar Flow Test Signal Production Possibilities?|url=https://aviationweek.com/air-transport/does-airbus-a350-laminar-flow-test-signal-production-possibilities|páxina-web=Aviation Week Network|data-acceso=2020-11-24}}</ref>
 
No Dubai Air Show en novembro de 2019 Emirates realizou un pedido de 50 -900s por 16 000 millóns de dólares que serán entregados dende 2023 ata 2028. O pedido substituíu ao acordo asinado en febreiro por 30 A350 e 40 A330Neo, compensando a cancelación de 39 A380 que provocou o cese da produción deste último modelo.<ref>{{Cita web|título=Emirates Converts Airbus A380 Order Into A350s|url=https://aviationweek.com/shownews/emirates-converts-airbus-a380-order-a350s|páxina-web=Aviation Week Network|data-acceso=2020-11-24}}</ref> A finais de novembro de 2019 33 operadores recibiran 331 dun total de 959 pedidos, realizando 2,6 millóns de horas de voo.<ref>{{Cita web|título=That's now 115+ million passengers who have enjoyed the perks of a flight on board the #A350! Have you flown one?|url=https://twitter.com/airbus/status/1205063036123398145|páxina-web=Twitter|data-acceso=2020-11-24|lingua=gl}}</ref>
 
== Variantes ==