Xudaísmo conservador: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: Reversión manual
Redirixida cara a "Judaísmo conservador"
Etiquetas: Nova redirección Revertida Eliminación de categorías
Liña 1:
#REDIRECT [[Judaísmo conservador]]
O '''Xudaísmo Masortí''' (Conservador) xorde en [[Alemaña]] a mediados do [[século XIX]] como unha reacción ao [[xudaísmo reformista]], posicionándose como unha síntese entre este último e o [[xudaísmo ortodoxo]]. Xunto a estas dúas, o xudaísmo conservador é unha das tres grandes correntes relixiosas do [[xudaísmo]]. O xudaísmo conservador institucionalizouse nos [[Estados Unidos de América|EUA]] arredor do [[1900]].
 
O conservadorismo postula a devoción á [[tradición]] e lei xudía (masoret e xalaxá), cun achegamento aberto e positivo ao [[Modernidade|mundo moderno]], á [[democracia]] e ao [[sionismo]].
 
Os principios do Xudaismo Conservador inclúen:
* A "''dedicación á [[Xalaxá]]... [como unha] guía para as nosas vidas''".
* Un [[ensino]] non fundamentalista dos principios da fe xudaica.
* Unha actitude positiva para a cultura moderna.
* Unha aceptación tanto dos métodos [[Tradición|tradicionais]]-[[Rabino|rabínicos]] como dos académicos e críticos no que ao estudo dos textos relixiosos do xudaísmo se refore.
 
O Xudaísmo Conservador ten as súas orixes na escola coñecida como o Positivismo Histórico Xudaico, desenvolvida en [[1850]] como unha reacción ás posicións máis liberais adoptadas polo [[xudaísmo reformista]]. O termo ''conservador'' denotaba a intención desta corrente de conservar a [[tradición]], en lugar de reformarla ou abandonala. O uso do devandito termo está totalmente desprovisto [[Conservadorismo|das súas connotacións políticas]].
 
Para evitar as confusións ás que o termo convida, algúns rabinos nos [[Estados Unidos de América|EUA]] e [[Canadá]] propoñen utilizar o termo '''Masortí''', que en [[hebreo]] significa ''tradicional'', que foi adoptado polas divisións israelí e mundial do movemento.
 
== Principios ==
Durante boa parte da súa [[historia]], o Xudaísmo Conservador evitou a publicación sistemática de explicacións sobre os principios do Xudaísmo, como parte dos seus esforzos conscientes por mater unha ampla coalición.
 
No [[1988]] o liderado do Xudaísmo Conservador nos [[Estados Unidos de América|EUA]] publicou unha declaración de principios, chamada ''Emet Ve-Emunah: Statement of Principles of Conservative Judaism'' (''Emet Ve-Ehunah (Verdade e Fe): Declaración de Principios do Xudaísmo Conservador''). Este documento foi produto dun longo proceso de traballo que involucrou a distintos sectores do movemento, nun intento de producir un documento que reflectise non a opinión dunha soa persoa, senón o consenso de toda a comunidade.
 
''Emet Ve-Emunah'' afirma a crenza en [[Deus]] e na inspiración divina da [[Torá]], afirmando ao tempo a lexitimidade da multiplicidade de interpretacións sobre estes temas. As ideas do [[ateísmo]], [[politeísmo]] e a [[trindade]] son rexeitadas de pleno, xunto co [[relativismo]], a interpretación literal das escrituras e o [[fundamentalismo]].
 
== Deus ==
O Xudaísmo Conservador afirma a idea do [[monoteísmo]], aínda que os seus membros sosteñen distintas crenzas sobre a natureza de Deus, sen que se impoña unha en particular. Entre as perspectivas que se sosteñen se inclúen:
* Racionalismo maimideano.
* Misticismo [[Cábala|cabalísto]].
* Panteísmo xasídico.
* Teísmo limitado (ver por exemplo: Harold Kushner "Cando as cousas malas lle pasan a persoas boas").
* Pensamento orgánico, como o presentado por Alfred North Whitehead e Charles Hartshorne, tamén coñecido como Teoloxía do proceso (ver, por exemplo, a obra dos rabinos Max Kaddushin e William E. Kaufman).
 
As ideas do naturalismo relixioso, plasmadas en corrente do [[xudaísmo reconstruccionista]] enunciada por Mordexai Caplan tiveron moita influencia no movemento conservador, ata que o reconstrucionismo se instituíu nun movemento independente. Nunha edición especial da publicación ''Conservative Judaism'' (Winter [[1999]]), da Asemblea Rabínica, o editor declarou que o naturalismo de Caplan parece haber desaparecido do horizonte conservador.
 
== Revelación ==
O Xudaísmo Conservador permite aos seus membros adoptar distintas visións sobre o concepto de revelación. A maioría dos membros do movemento rexeita a idea tradicional de que Deus ditou o contido literal da [[Torá]] a [[Moisés]] no [[Monte Sinai]] nun acto de revelación verbal, pero sosteñen a crenza tradicional de que Deus inspirou aos [[profeta]]s tardíos para escribir o resto do [[Tanax]]. A crenza de que Deus inspirou a [[Moisés]] -ao igual que aos profetas tardíos- tamén goza de ampla aceptación entre os membros do movemento.
 
O xudaísmo conservador acepta os postulados da crítica [[Biblia|bíblica]], incluíndo a [[hipótese documentaria]] -é dicir, a teoría de que a [[Torá]] foi redactada a partir de distintas fontes previas. As autoridades [[Rabino|rabínicas]] do movemento, así como o seu comentario oficial sobre a Torá (''Etz Hayim: A Torah Commentary'') afirma que os xudeus deben facer uso da análise literaria e histórica modernas para entender como a Biblia se desenvolveu.
 
== Lei xudía ==
O xudaísmo conservador ve a lei xudía, a [[Xalaxá]], como un marco normativo co que se establece un vínculo de obrigatoriedade. Examinando a historia xudía e a literatura rabínica a través dos prismas da crítica académica, o conservadorismo sostén que a xalaxá evolucionou constantemente para adaptarse ás realidades da vida xudía, evolución que debe continuar na vida moderna.
 
Esta visión, xunto á diversidade de opinións que o xudaísmo conservador adopta en relación á revelación divina, é responsable de parte da diversidade e desacordo na [[xalaxá]] conservadora. Ao considerar cambios á mesma, as autoridades rabínicas do movemento baséanse en consideracións relixiosas, así como da análise histórica. Tal como dixera Salomón Schechter: "''a magnitude do valor literario dun [[código]] non lle adxudica inefabilidade, nin o exime do estudante ou o rabino que fan uso do mesmo desde a súa obriga de examinar cada [[parágrafo]] polos seus propios méritos, facéndoo suxeito das mesmas regras de interpretación que foron aplicadas sempre á Tradición''".
 
A dinámica do movemento no que respecta á [[xalaxá]] xera nalgúns casos interpretacións diametralmente opostas, sendo todas as opcións válidas para o movemento. Un claro e recente exemplo dos resultados desta dinámica son evidentes nas recentes resolucións do movemento en relación á [[homosexualidade]].
 
== Visións sobre as outras correntes do xudaísmo ==
O xudaísmo conservador constrasta coas outras correntes principalemente en dúas áreas:
 
=== Revelación da [[Torá]] ===
En relación á idea da revelación da Torá, o xudaísmo conservador asume que a [[Xudaísmo ortodoxo|ortodoxia]] sostén a idea de revelación verbal directa, aínda cando numerosos [[Filosofía|filósofos]] ortodoxos non están de acordo con esta caracterización (coma Breuer, Berkovits, Soloveitchik, Kook ou Fox). Por outra banda, o xudaísmo conservador rexeita a postura [[Xudaísmo reformista|reformista]] segundo a cal a [[Torá]] non foi relevada, senón divinamente inspirada.
 
A posición conservadora maioritaria difire das anteriores en afirmar a autenticidade da revelación divina non verbal. Segundo esta visión, a Torá Oral está inspirada na Torá Escrita, pero non ten unha orixe necesariamente divina.
 
=== Interpretación da Xalaxá ===
A tradición legal xudía fai que as diferenzas entre as correntes modernas do xudaísmo inclúan a relevancia, interpretación e aplicación da lei e tradición xudía. O xudaísmo conservador sostén que o seu tratamento da xalaxá é a máis auténtica expresión do [[xudaísmo]], ao ser coma foi practicado tradicionalmente. O conservadurismo considera que o [[Xudaísmo reformista|reformismo]] e o [[Xudaísmo reconstrucionista|reconstrucionismo]] se equivocaron ao rexeitar a autoridade tradicional da [[xalaxá]]. Tamén considera que a [[Xudaísmo ortodoxo|ortodoxia]] se equivocou ao demorar, ou deter, o desenvolvemento histórico da Lei Xudía: “''O xudaísmo conservador cre que o estudo académico dos textos xudeus indica que o Xudaísmo se atopou en evolución permanente, a fin de resolver as necesidades do Pobo Xudeu nas máis variadas circunstancias, e que unha autoridade xaláxica central pode continuar a evolución xaláxica na actualidade''” (Soc. Culture. Jewish Usenet Newsgroup FAQ).
 
O movemento conservador utiliza conscientemente as fontes históricas a fin de determinar que tipo de cambios foron introducidos na tradición xudía, cando e como ocorreron, e en que contexto histórico.
 
== A muller no xudaísmo conservador ==
Pode ser consagrada como [[rabino]], asistir á [[sinagoga]] sen estar nun lugar apartado, facer "aliá" (subir á cátedra do espírito santo onde se atopan os rolos da [[Torá]]), sumar para o [[minián]] (cantidade mínima de persoas para realizar un servizo relixioso) e ensinar a [[Torá]] e o [[Talmud]] entre outras cousas; tamén pode usar [[Talit]] e cumprir co precepto dos [[Tefilín]] (filacterias) aínda que estes dous últimos non son obrigatorios; todas estas cuestións traen inconvenientes principalmente no que se refire a [[cemiterio]]s, xa que os mesmos en moitas comunidades están (desde o punto de vista relixioso) administrados por sectores ortodoxos que non permiten que unha muller oficie durante un [[enterro]], [[cabodano]] ou homenaxe a unha persoa falecida. Se ben o xudaísmo conservador realizou grandes avances no que ao status da muller se refire, a amplitude [[Ideoloxía|ideolóxica]] que caracteriza ao movemento permite que o tema do igualitarismo non sexa de aceptación universal, existindo incluso algunhas sinagogas conservadoras que manteñen un minián igualitario e un non.
 
En conclusión o home é case igual á muller, en contraste ao [[xudaismo ortodoxo]], que entende que a muller e o home son diferentes e que se conectan a [[Deus]] se forma distinta.
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Xudaísmo]]