The Adventurer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==)
Liña 22:
'''The Adventurer''' ('''Charlot, presidiario'''/'''O aventureiro''') é unha [[curtametraxe]] de [[1917]], protagonizada e dirixida por [[Charles Chaplin]]. Esta foi a súa ultima película para os estudos [[Mutual]], e a ultima aparición de [[Eric Campbell]].
 
== Argumento ==
{{spoiler}}
Un grupo de [[policía]]s busca na praia infrutuosamente un fuxitivo. O máis gordo deles ponse a descansar, e cabo del emerxe da terra Chaplin, con traxe de presidiario. O preso escapa ao ver os policías, sobe o outeiro, despois báixao e acaba escondéndose detrás das pedras e dálles patadas aos seus perseguidores cando pode. Escapa finalmente nadando polo [[mar]], mentres os gardas lle disparan e o persiguen nun bote. No porto está Edna co seu pretendente, o xigante de grandes barbas e cellas (Eric Campbell). Subitamente aparece a mai de Edna afogándose, o xigante en vez de axudala ponse a pedir auxilio e a filla salta rescatar a mai. Chaplin aparece entón, salvándoos a todos, incluso ao xigante que acababa de caer por accidente, mais este traizóao e faille caer á auga, debendo ser rescatado na beira polo chofer das donas.