Standard de Liège: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: vi:Standard Liège
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==)
Liña 29:
O '''Standard de Liège''', que ten por nome oficial '''Royal Standard de Liège''', é o principal clube de [[fútbol]] da cidade belga de [[Liège]]. É o terceiro clube da [[Liga belga de fútbol|liga belga]] por número de vitorias na liga e na Copa.
 
== O clube ==
 
Os partidos deste histórico clube [[Bélxica|belga]] desenvólvense no estadio [[Maurice Dufrasne]] en [[Sclessin]], unha viliña nos arrabaldos de [[Liège]] nas ribeiras do [[Meuse (río)|Meuse]], preto dunhas importantes industrias [[metalurxia|metalúrxicas]]. Ao estadio adóitanlle chamar "o inferno de Sclessin" posto que os seareiros teñen sona de bravos e fervorosos.
Liña 35:
O Standard é un dos clubes máis populares de Bélxica e o terceiro de todos eles polo seu palmarés. Foi finalista da [[Copa de Europa dos vencedores de Copa|Recopa]] en [[1982]]. Chamánlles os "rouches", que vén sendo 'vermello' en valón, a variante do francés falada en Bélxica. Os principais grupos de seareiros son os 'Hell-Side 81', os 'Ultras Inferno 96', os 'Kop Rouche' e os 'PHK'.
 
== Historia ==
O Standard fundárono uns estudantes do colexio Saint-Servais de [[Liège]] en [[1900]], aínda que a data oficial de creación é de [[1898]], debido a un erro administrativo. O nome colléronllo ao [[Standard de Paris]], un clube parisiense moi popular naquel tempo.