Aníbal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Cara a Roma: arranxiños
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 74:
Unha vez en [[Cartago]], consciente do perigo que axexaba a cidade, refugou do enfrontamento malia as críticas do Consello e reuniuse co xeneral [[Publio Cornelio Escipión o Africano|Escipión]] na cidade de [[Zama]], 160 km ao sur de Cartago, para negociar a paz, pero ante a falta de acordo, os xenerais retiráronse aos seus campamentos. Pouco despois, no campo de batalla próximo á citada cidade, o exército cartaxinés caeu derrotado pola gran superioridade da cabalería romana [[-202|202 a.C.]]. Trala derrota, o Consello, por iniciativa de Aníbal, enviou embaixadores para que aceptasen o convenio de paz ofrecido por Roma, co que finalizaba a [[segunda guerra púnica]].
 
De regreso a Cartago, Aníbal fíxose nomear sufete, equivalente ao cónsul romano, cargo desde o cal mostrou os seus dotes de estatistaestadista levando a cabo algunhas reformas polo ben da república, por exemplo, poñer coto aos abusivos tributos esixidos por Roma para a firma da paz, de forma que puidesen satisfacerse a prazos sen necesidade de impoñer ao pobo impostos adicionais extraordinarios. Sete anos logo da derrota de [[Zama]], os romanos, receosos da nova prosperidade de [[Cartago]], enviaron embaixadores á cidade; intuíndo Aníbal que pretendían que se lles entregase a súa persoa, embarcou en segredo para refuxiarse na corte de [[Antíoco III]], en [[Siria]].
 
Captado o afecto do rei, pensou en coligalo con [[Filipo V]] de [[Reino de Macedonia|Macedonia]] e os cartaxineses para invadir Italia por segunda vez. Co propósito de informar aos seus amigos do plan, enviou un home a [[Cartago]]. Con todo, o plan foi descuberto e o seu emisario obrigado a fuxir mentres a República renovou as súas promesas de lealdade a [[Roma antiga|Roma]]. [[Cornelio Nepote]] acredita que tres anos logo da súa fuxida de Cartago, Aníbal achegouse con cinco barcos ás costas de [[Cirene]] para inducir aos cartaxineses á guerra contra Roma, pero que fracasado o seu proxecto, volveu a [[Siria]]. En [[-190|190 a.C.]], [[Antíoco III o Grande|Antíoco]] é derrotado nunha batalla da desembocadura do [[río Eurymedon]].