Sete Partidas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==)
Liña 4:
Segundo a teoría tradicional, compartida por [[Francisco Martínez Mariña]] e [[Antonio Solalinde]], as ''Sete Partidas'' foron redactadas por unha comisión de [[xurista]]s (ou pola [[chancelaría]] real), e a intervención do rei Afonso X limitouse a indicar a finalidade do texto e as materias a tratar, ademais de encargarse de revisar e emendar persoalmente o traballo da comisión. Integrarían esta comisión: o Mestre Jacobo, o das leis; Juan Afonso, un [[notario]] [[Reino de León|leonés]]; o Mestre Roldán; e [[Fernando Martínez de Zamora]] (un dos primeiros xuristas casteláns).
 
== Fontes ==
As ''Sete Partidas'' caracterízanse por ser un texto de [[dereito común]] (baseado no [[dereito romano]] xustiniano, [[Dereito canónico|canónico]] e [[dereito feudal|feudal]]).
 
Liña 11:
Ás anteriores, engadíronse obras filosóficas de [[Aristóteles]], [[Séneca]] e [[Boecio]]; a [[Biblia]] e textos da [[Pais da Igrexa católica|Patrística]]; obras de [[Isidoro de Sevilla]] e [[Tomás de Aquino]]; o ''[[Libri Feudorum]]'' (compilación de dereito feudal [[Lombardía|lombardo]]); os ''Roles D´Olerons'' (colección de [[dereito mercantil]]); a ''Doctrinal dos xuízos'' e as ''Flores do Dereito'' do Mestre Jacobo, o das Leis; e a ''Margarita dos pleytos'' de Fernando Martínez de Zamora.
 
== Estrutura e contido ==
[[Image:Partidas4.jpg|thumb|right|180px|''Código das Sete Partidas'', en "Os Códigos Españois Concordados e Anotados" ([[1872]])]]
As Partidas abarcan todo o saber xurídico da época dentro dunha visión unitaria, por iso se considera unha ''summa de dereito''. Trata, entre outras materias, de [[dereito constitucional]], [[Dereito civil|civil]], [[Dereito mercantil|mercantil]], [[Dereito penal|penal]] e [[dereito procesual|procesual]], tanto [[dereito procesual civil|civil]] como [[dereito procesual penal|penal]].