Francisco Rodríguez Suárez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Membro da socieade agraria Amigos Mútuos de Abelleira e Torea, foi un dos promotores da Federación Agraria do Partido de Muros creada en 1922.<ref>''Heraldo de Galicia'', 25-6-1922, p. 6.</ref> Foi mestre de [[Torea, Muros|Torea]] dende 1925 e a partir de 1928 mestre de [[Serres, Muros|Serres]]. Fundou en 1934 a empresa construtora S Rodríguez dedicada ás obras marítimas.<ref>''La Voz de Galicia'', 5-6-1993, p. 61.</ref> Membro da Agrupación de Trabajadores y Agricultores de Serres e militante do [[PSOE]]. Participou como representante da sociedade La Potección Social Esteirana de Muros na asemblea para o Estatuto de Autonomía de Galicia de xuño de 1931.<ref>''El Pueblo Gallego'', 5-6-1931, p. 1.</ref> Logo do triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Muros. Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] foi suspendido.<ref>''La Voz de Galicia'', 20-8-1936, p. 2.</ref> Fuxiu e estivo agochado na súa casa ata que foi detido pola Garda Civil auxiliada polas milicias das Juventudes de Acción Popular, o 10 de xaneiro de 1937.<ref>''El Correo Gallego'', 16-1-1937, p. 4.</ref> Xulgado en [[Santiago de Compostela]] en consello de guerra o 12 de xuño por rebelión, foi condenado a cadea perpetua. Estivo preso na Prisión da Coruña ata que saíu en liberdade vixiada en xullo de 1940. Depurado, foi separado definitivamente do servizo e baixa no escalafónposto.<ref>''BOP'', 8-7-1940.</ref> Ao saír do cárcere dedicouse á contrata de obras na súa empresa. Rehabilitado, foi mestre de [[Tal, Muros|Tal]]. Nas [[Eleccións municipais de 1983 en Galicia|eleccións municipais de 1983]] figurou como candidato número catro de [[Unidade Galega (coalición)|Unidade Galega]] á alcaldía de Muros.<ref>''La Voz de Galicia'', Santiago, 30-3-1983, p. 26.</ref>
 
== Vida perosal ==