Santiago Basanta Silva: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 9:
 
En 1942 foi nomeado subdirector 3.º do Contencioso e xefe da Sección do Consultivo, pasando posteriormente a ser subdirector 1.º. En 1945 foi nomeado conselleiro e vicepresidente 2º de Tabacalera SA, cargo que ocupou até 1968. Entre 1951 e 1957 foi subsecretario de Facienda, amais de presidente da Comisión de Presupostos das Cortes Españolas. COn este cargo interviu ante o pleno para defender ditames de leis, como a do Timbre do Estado de 1955, a de Protección á Mariña Mercante de 1956 e diversas modificacións tributarias e orzamentarias.
Retomou o posto de avogado do Estado na asesoría xurídica do Ministerio da Vivenda. Foi o número 1 doda seusúa escalafónescala até febreiro de 1968, cando pasou á situación de supernumerario. O día 15 dese mes foi nomeado conselleiro permanente de Estado e presidente da sección Quinta de Facenda.
 
Ocupou a presidencia da Asociación Española de Dereito Financeiro, e formou parte do consello de administración da International Fiscal Association, con sede en Ámsterdan. Foi membro do Instituto Internacional de Facenda Pública, con sede en Sarrebruken, e presidiu o Padroado do Centro de Estudos Tributarios e Económicos. Foi vogal do Instituto de Estudos Fiscais, e interviu nos Congresos de Knoke Zutte, Basilea, Hamburgo, París, Atenas, Budapest, Londres, Estocolmo e Montevideo, así como nas Xornadas luso-hispano-americanas de Estudos Tributarios de Coímbra, Santiago de Compostela e Río de Xaneiro. En 1952 representou o Estado no Congreso Internacional de Tribunais de Contas, celebrado na Habana.