Airbus A350: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 86:
 
O avión tivo problemas en tres áreas durante os seus primeiros meses de servizo. A rede de mantemento, reparación e revisión a bordo precisaba melloras de software. Airbus publicou boletíns de servizo con respecro ao equipamento de a bordo e retirou elementos da cociña (cafeteiras ou fornos) por mor de fugas. Airbus tivo que facer fronte a alarmas falsas de sobrecalentamento no sistema de purgado de aire mediante a adaptación dun conector orixinal cun conector bañado en ouro. Airbus marcouse como obxectivo unha fiabilidade do 98,5% cara finais de 2016 e acadar a fiabilidade de madurez do A330 a comezos de 2019.<ref name=":3" />
 
A finais de maio de 2016 a frota de A350 voara 55 200 horas e máis de 9,400 a un 97,8% defiabilidade operacional en tres meses. O sector operado máis longo era o de Qatar Airways entre [[Adelaida]] e [[Doha]], 13,8 horas para 11 334 km. O 45% dos voos eran por debaixo dos 5 556 km, o 16% por riba dos 9 260 km), e o 39% situabanse entre esas distancias. Os voos tiñas unha duración media de 6,8 horas, sento a media máis longa a de [[TAM Airlines]] con 9,6 horas e a máis curta a de [[Cathay Pacific]] con 2,1. A configuracións dos avións ía dende os 253 asentos de Singapore Airlines aos 348 de TAM Airlines, cunha clase business de 30 a 46 asentos e unha clase económica de 211 a 318 asentos, moitas veces cunha clase económica premium.<ref>{{Cita web|título=​ANALYSIS: Early A350 deployment reflects mature operation|url=https://www.flightglobal.com/analysis-early-a350-deployment-reflects-mature-operation/121028.article|páxina-web=Flight Global|data-acceso=2020-11-19|lingua=en|nome=Max|apelidos=Kingsley-Jones}}</ref> O primeiro A350-1000 montouse en 2016, voando por vez primeira o 24 de novembro e cunha entrada en servizo prevista pata mediados de 2017.<ref>{{Cita web|título=PICTURE: A350-1000 takes off on maiden flight|url=https://www.flightglobal.com/engines/picture-a350-1000-takes-off-on-maiden-flight/122388.article|páxina-web=Flight Global|data-acceso=2020-11-19|lingua=en|nome=David|apelidos=Kaminski-Morrow}}</ref>
 
En xaneiro de 2017, dous anos despois da súa introdución, había 62 aparellos en servizo con 10 aeroliñas. Os avións acumulaban 25 000 voos e máis de 154 000 horas cun uso medio diario de 12,5 horas, e transportaran a seis millóns de pasaxeiros cun 98.7% de fiabilidade operacional (aínda por debaixo do obxectivo do 99%).<ref>{{Cita web|título=A350 XWB: six million passengers flown… and counting|url=https://web.archive.org/web/20170118053309/http://www.airbus.com/newsevents/news-events-single/detail/a350-xwb-six-million-passengers-flown-and-counting/|páxina-web=Airbus|data=2017-01-18|data-acceso=2020-11-19}}</ref> Zodiac Aerospace atopou dificultades de produción cs asentos da clase business nas súa fábricas de [[Texas]] e [[California]]. Despois dun ano Cathay Pacific experimentou problemas de calidade cosméticos e mellorou ou substituíu os asentos dos primeiros avións.<ref>{{Cita web|título=Cathay to replace or upgrade poor quality A350 business seats|url=https://www.flightglobal.com/systems-and-interiors/cathay-to-replace-or-upgrade-poor-quality-a350-business-seats/123683.article|páxina-web=Flight Global|data-acceso=2020-11-19|lingua=en|nome=Mavis|apelidos=Toh}}</ref> En 2017 a media de voos de proba antes das entregas pasou a ser de 4,1 (en 2014 eran 12), baixando o atraso de entrega de 68 días a 25.<ref>{{Cita web|título=Airbus continues to make A350 progress » AirInsight|url=http://dev.airinsight.com/airbus-continues-make-a350-progress/|páxina-web=AirInsight|data=2017-06-06|data-acceso=2020-11-19|lingua=en-US|nome=Addison|apelidos=Schonl}}</ref>
 
== Variantes ==