Memoria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 13:
Denomínase memoria sensorial á habilidade de reter impresións de información sensorial despois de que o estímulo orixinal desaparece. Fai referencia a obxectos detectados polos receptores sensoriais os cales son retidos temporalmente nos rexistros sensoriais que á súa vez posúen unha gran capacidade de almacenamento de información precategorial, pero que só son capaces de manter imaxes precisas de información sensorial por espazo moi limitado. As dúas clases de memoria sensorial que foron máis exploradas son a icónica e a ecoica.
 
Os primeiros experimentos sistemáticos coa memoria sensorial como suxeito de estudo foron levados a cabo por [[George Sperling]] a partir de 1960. O seu experimento consistía en presentar ínfimamenteinfimamente unha serie de tres filas de catro letras durante 50 milisegundos aos participantes:
 
Nun caso pediu aos participantes que reproducisen tantas letras como puidesen lembrar unha vez estas foran expostas. Noutro indicou, tras a mostra das letras, que ringleira específica (primeira, segunda ou terceira) gustaríalle que a xente tentase lembrar. Sperling achou que mentres que os participantes só podían mencionar unha media de catro letras na primeira condición, xeralmente eran capaces de recitar con éxito o catro da fila elixida na segunda condición, mesmo cando se lles sinalaba cal interesaba remarcar despois de que todo o mosaico mostrouse. Tal resolución suxire que por un breve período o mosaico íntegro estivo accesible aos participantes como memoria sensorial.