Salto, Vimianzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
4bot (conversa | contribucións)
m do_da_dos_das
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==)
Liña 4:
Está delimitada por [[Nandes]], [[Tines]], [[Bamiro]], [[Vimianzo]] e [[Calo]], distando 3,2 Qm. da capital do municipio e sumando 840 habitantes en total. Divídese nos núcleos de Careixo, Castro, Castromil, Reboredo, Señorás, Torelo e Reparada.
 
== Enclaves naturais ==
Cabe destaca-lo monte de San Bartolomeu, con 407 m. de altitude e o paso dos ríos Castro e Grande do Porto.
 
== Historia ==
[[Image:Batans_do_mosquetin.jpg|thumb|200px|left|Batáns do Mosquetín]]Tomando en referencia os restos castreños en [[Castro]] e mámoas en [[Reparada]], pódese asegurar que os orixes de esta [[comunidade]], ó igual cas súas veciñas colindantes, remóntanse a antes da chegada dos romanos.
Nembargantes, é despois da chegada do novo imperio cando se comeza unha organización e estrutura sólidas, tendo o seu enclave histórico máis importante na igrexa parroquial. Comezando coma unha nave sinxela e co típico [[arco de medio punto]] románico, foi evolucionando sen alterar ningún dos seus elementos orixinais. Por exemplo, a bóveda da sacristía e os capiteles das columnas son tipicamente renacentistas, así coma as diferentes imaxes de María Magdalena e Cristo mentres que a bóveda da capela maior responde a un estilo gótico. No [[1789]] foron engadidos dous retablos máis obra de [[Francisco Agudín]], de estilo neoclásico e outros vestixios coma a [[Virxe do Rosario]], de líneas barrocas. O derradeiro cambio produciuse no 1956, sendo definitivamente una igrexa de cruz latina.
Liña 14:
 
 
== Ermitas ==
Ademais da igrexa principal existen numerosas ermitas distribuidas pola parroquia destacando a de San Bartolomeu no cumio deste monte e as da Virxe Peregrina, Santa Eirena e Santo Antonio.