Entidade local menor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 26:
* [[Arcos da Condesa, Caldas de Reis|Arcos da Condesa]] (en [[Caldas de Reis]]), recoñecida como Entidade Local Menor por Decreto de [[18 de xaneiro]] de [[1946]]<ref>[http://www.depontevedra.es/?1,1470]</ref>. Xa fora un "Couto" en tempos do [[Historia de Galicia#Galicia no Antigo Réxime|Antigo Réxime]] aínda que non chegou a ser concello propio no momento da configuración dos concellos constitucionais.
* [[Bembrive, Vigo|Bembrive]] ([[Vigo]]), constituída o [[12 de xuño]] de [[1945]]<ref>[http://www.depontevedra.es/?1,1471]</ref>. Formou parte nun primeiro momento da xurisdición de [[Bouzas, Vigo|Bouzas]], logo do concello de [[Lavadores, Vigo|Lavadores]], en [[1836]], para ser definitivamente adscrita ó concello de Vigo en [[1936]], xunto coas outras parroquias que formaban Lavadores.
* [[Berán, Leiro|Berán]] ([[Leiro]], Ourense), constituída o [[13 de decembro]] de [[1924]]<ref>[http://www.depontevedra.es/?1,1503]</ref>. Antes da constitución dos concellos no século XIX pertencía á xurisdición de [[Carballeda de Avia]]. Na primeira distribución municipal formou parte do concello de [[Beade]], do que se segregou posteriormente para integrarse no de Leiro.
* [[Camposancos, A Guarda|Camposancos]] ([[A Guarda]]), constituída oficialmente o [[23 de maio]] de [[1925]]<ref>[http://www.depontevedra.es/?1,1472]</ref>. Xa viña funcionando cunha Xunta Administrativa propia desde [[1870]] para a xestión dos bens do Couto de Camposancos, o que a converte na entidade máis antiga de Galicia. A parroquia de Camposantos foi creada en [[1798]], tras desagregarse da de San Lourenzo de [[Salcidos, A Guarda|Salcidos]]. Chegou a constituírse en concello propio antes da designación constitucional dos concellos, se ben en [[1836]] quedou incluída dentro do concello da Guarda.
* [[Chenlo, O Porriño|Chenlo]] ([[O Porriño]]), constituída en [[1920]]<ref>[http://www.depontevedra.es/?1,1473]</ref>. A parroquia de Chenlo formou parte do concello do Porriño desde a constitución dos concellos galegos de 1836. Anteriormente pertenceu ó concello de [[Mosende, O Porriño|Mosende]] (1812-1821) no que reclamou manterse sen éxito.