Agricultura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 26:
Hai arredor de 10 000 anos, no período do [[Neolítico]] ou período da pedra puída, algúns membros dos [[Caza-recolección|pobos cazadores-recolectores]] notaron que algúns dos grans que recollían da natureza para a súa alimentación, podíanse enterrar, isto é, "plantar" a fin de producir novas plantas iguais ás que os orixinaran. Como esa práctica permitiu o aumento da oferta de alimento desas persoas, as plantas comezaron a se cultivar moi próximas unha das outras, para produciren froitos, que se recollían facilmente ao maduraren, o que permitía unha maior produtividade das plantas cultivadas en relación ao seu ''[[hábitat]]'' natural). Con iso evitaban, as frecuentes e perigosas buscas á procura de alimentos. Co tempo, as persoas foron seleccionando os mellores grans salvaxes, aqueles que posuían as características que máis interesaban aos primeiros agricultores, tales como: tamaño, cantidade producida, sabor etc. Así xurdiu o cultivo das primeiras plantas domesticadas, entre as cales se inclúe o [[trigo]] e maila [[cebada]].
[[Ficheiro:Ribadavia 060115 17.jpg|miniatura|Cultivo de viñedo en [[Ribadavia]].]]
O comezo das actividades agrícolas marca o comezo do período [[neolítico]], posterior ao período da [[Lasca|pedra lascada]]. Como é anterior á historia escrita, os inicios da agricultura son escuros, mais admítese que xurdiu independentemente en diferentes lugares do mundo, probabelmente nos vales e bacías fluviais habitados por antigas civilizacións. Durante o período [[neolítico]] as principais áreas agrícolas estaban localizadas nos vales dos ríos [[Nilo]] ([[Exipto]]), [[Tigre]] e [[EufratesÉufrates]] ([[Mesopotamia]], actualmente coñecida como [[Irán]] e [[Iraq]]), [[río Amarelo|Amarelo]] e [[río Azul|Azul]] ([[China]]). Hai rexistros de cultivos en polo menos tres rexións diferentes do mundo en épocas distintas: [[Mesopotamia]] (posibelmente pola cultura [[Natufiana]]), [[América Central]] (polas [[América precolombiana|culturas precolombianas]]) e nas cuncas hidrográficas da [[China]] e da [[India]].
 
Ben as mudanzas no [[clima]] ou ben o desenvolvemento da [[tecnoloxía]] humana puideron ser as razóns iniciais que levaron á descuberta da agricultura. A agricultura permite a existencia de aglomerados humanos con moita maior densidade de poboación que os que poden ser soportados pola caza e recolleita. Houbo unha transición gradual na cal a economía de caza e recolleita coexistiu coa economía agrícola: algúns cultivos plantábanse deliberadamente e outros alimentos obtíñanse da natureza