Diferenzas entre revisións de «Rombozoos»

m
Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==)
m (robot Añadido: cs:Sépiovky)
m (Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==))
'''Rhombozoa''' o '''Dicyemida''' son un grupo de [[Animalia|animais]], constituido por pequenos [[parásito]]s dos riles de peixes e moluscos (polbos e calamares). Viven en mucosas e outros lugares cun ambiente practicamente [[anaeróbico]]. Existen aproximadamente 75 especies. Cada adulto ten aproximadamente 30 [[célula]]s.
 
== Estrutura ==
O estadio máis frecuente nestes animais é o de adulto ou '''nematóxeno'''. O nematóxeno é un animal pequeno, ciliado, vermiforme e cun número constante de células superficiais ou [[somatodermo]] (entre 10 e 15 células segundo a especie) rodeado por unha célula axial alongada e central onde se forman os [[Embrión|embrións]] vermiformes. Nos [[cefalópodo]]s adultos, as células axiales forman una gónada [[hermafrodita]] que produce un [[óvulo]] fertilizado polo [[esperma]] producido nesa mesma [[gónada]]. Cando o hospedador chega a madurez sexual, os nemátoxenos pasan a '''rombóxenos''', cargandose algúnhas células de inclusións e dando lugar a '''células verruciformes '''. As células xerminais dos rombóxenos dan lugar a unha [[larva]] infusoriforme. Dentro da larva está un espazo chamado '''furna''' con catro células centrais rodoeado por detrás e lateralmente por outras células grandes e planas. Diante das células centrais hai unha cavidade da furna, pechada por dúas células ciliadas que están detrás das células apicais.
Unha vez que a larva infusoriforme sae do hospedador descoñécese o resto do seu ciclo vital aínda que se supón que entra noutro hospedador.
67.216

edicións