Diferenzas entre revisións de «Revolución Francesa de 1848»

m
Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==)
m (Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==))
A '''Revolución de 1848''' puxo fin á [[monarquía]] xurdida da [[Revolución de 1830]], a cal foi substituída pola [[Segunda República Francesa]] (1848-1852) coñecida como a [[república]] social e democrática que estableceu o sufraxio universal masculino e aboliu a escravitude.
 
== Contexto ==
 
Ata [[1848]] os traballadores tan só apareceran politicamente como acompañantes do movemento burgués pero os obreiros eran cada volta máis numerosos nas grandes cidades e pouco a pouco foron tomando conciencia da súa propia clase e na revolución que estopou en [[Francia]] en 1848 van xogar un papel importante.
 
== Orixe ==
A orixe da Revolución de 1848 está no desenlace da revolución de 1830 que deixou satisfeita á alta burguesía pero non á clase media que aspiraba ao sufraxio universal e aos traballadores que non se beneficiaran de ningunha maneira. Ademais no transcurso do reinado de [[Luís Filipe]] as liberdades políticas fóronse recortando e permmitiuse unha gran corrupción política. Agravándose a situación a partir de 1845 a causa dunha crise económica que afectou a toda [[Europa]], nun principio de cariz agrícola acabou por afectar á industria, pechando fábricas.
 
67.216

edicións