Teléfono móbil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 5:
Un '''teléfono móbil''', ou simplemente '''móbil''', é un dispositivo de [[Telecomunicacións|comunicación]] [[Electrónica|electrónico]] con iguais capacidades básicas dun [[teléfono]] de [[liña telefónica]] convencional. Ademais, é portátil e non require [[cable]]s condutores para a súa conexión á [[rede telefónica]].
 
A maioría dos teléfonos móbiles actuais conectan coa rede usando unha [[tecnoloxía]] sen fíos da transmisión da onda de [[Radiofrecuencia|radio]] (coa excepción de teléfonos baseados nos [[satélite]]s). Estes teléfonos móbiles comunícanse por medio dunha [[rede celular]] de estacións base, que á vez enlaza coa rede de teléfono convencional. Apareceu a mediados dos anos 80 (xeración 1G). Os teléfonos móbiles anteriores que funcionaban sen unha rede celular (a denominada xeración 0G), como o [[MTS]], datan de [[1946]]. O [[Motorola DynaTAC]] 8000X (1983) foi o primeiro teléfono móbil dispoñíbel comercialmente. Ata os últimos anos 80, a maioría dos teléfonos móbiles eran tan grandes que a miúdo foron instalados permanentemente en [[vehículo]]s como teléfonos do [[Wikipedia:Corrector ortográfico|coche]]. Co avance da [[miniaturización]], a gran maioría de teléfonos móbiles son de [[man]].
 
Na actualidade o país cun maior número de usuarios de teléfonos móbiles é a [[China]] con 593,3 millóns de usuarios<ref>{{Cita web|url=http://www.vieiros.com/nova/63655/china-convertese-no-pais-con-mais-internautas-do-mundo|título=China convértese no país con máis internautas do mundo|xornal=vieiros.com|data=18-01-2008|dataacceso=23-07-2009}}</ref>.