Primeira guerra carlista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==)
Liña 1:
A '''Primeira Guerra Carlista''', tamén coñecida como '''Guerra dos Sete Anos''', desenvolveuse en [[España]] entre [[1833]] e [[1840]] entre os partidarios de [[Carlos María Isidro de Borbón]], coñecidos como [[carlismo|carlistas]] e partidarios dun réxime absolutista e [[Isabel II de España|Isabel II]], partidarios dun réxime [[liberalismo|liberal]]

== Orixe ==
En España estaba en vigor a Lei sálica dende comezo do [[século XVIII]] que prohibía reinar ás mulleres e aínda que [[Carlos IV de España|Carlos IV]] aprobou a Pragmática Sanción que derrogaba a lei sálica en [[1789]], pero que nunca se fixera efectiva. [[Fernando VII de España|Fernando VII]] que non tiña descendencia masculina, decidiu promulgala en [[1830]], co que a súa filla Isabel convertíase en herdeira ao trono. O irmán de Fernando VII, Carlos María Isidro de Borbón, ata entón herdeiro ao trono non recoñeceu a Isabel como princesa de Asturias e cando Fernando morreu o [[29 de setembro]] de [[1833]], Isabel foi proclamada raíña baixo a rexencia de [[María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias]].

A cuestión dinástica non foi a única, tras a [[Guerra da Independencia]], Fernando abolira a [[Constitución de 1812]], pero tras o [[trienio liberal]] (1820-1823) Fernando VII non volveu restaurar a Inquisición, e nos últimos anos do seu reinado permitiu certas reformas para atraer aos sectores liberais que ademais pretendían igualar as leis e costumes en todo o territorio do reino eliminando os foros e as leis particulares, ao tempo os sectores máis conservadores agrupábanse en torno ao seu irmán Carlos, que si recoñecía os dereitos forais.

== Contendentes ==
[[Euskadi]] e [[Navarra]] apoiaron maioritariamente ao pretendente Carlos polo seu tradicionalismo, polo apoio que lle deu a [[Igrexa católica]] local e polo apoio do pretendente aos foros. En [[Aragón]] e [[Cataluña]] viuse como unha oportunidade de recuperar os seus dereitos forais, perdidos tras a [[Guerra de Sucesión española]]. A Igrexa católica mantívose ambigüa, aínda que unha parte importante do clero uniuse ao bando carlista

No outro bando, os liberais e moderados uníronse para apoiar a María Cristina e á súa filla Isabel. Controlaban as principais institucións do Estado, a maioría do exército e todas as cidades importantes.

Os liberais recibiron apoio do [[Reino Unido]], [[Portugal]] e [[Francia]] en forma de créditos para o tesouro e de forzas militares, os británicos enviaron a Lexión británica, corpo de voluntarios ao mando do xeneral George Lacy Evans e a Royal Navy realizou funcións de bloqueo, os portugueses enviou unha división auxiliar baixo o mando do Barón das Antas e os franceses a [[Lexión estranxeira]] ademais de colaborar no control da fronteira e das costas españolas.

== A guerra ==
Tras a morte de Fernando VII o pretendente Carlos nomeou a Joaquín Abarca como ministro universal e fixo un chamamento ao exército e ás autoridades para que se sumasen á súa causa, pero con escasa repercusión. Internacionalmente tan só o rei [[Miguel I de Portugal]] o recoñeceu, o que levou á ruptura diplomática entre España e [[Portugal]].

Nos primeiros días de outubro sucedéronse as insurreccións en varios puntos de España, protagonizadas por agrupacións locais dos [[Voluntarios Realistas]], en xeral sen pouco éxito, agás no País Vasco, Navarra e [[A Rioxa|Logroño]], pero sen chegar a controlar máis que por pouco tempo as cidades deses territorios. En Castela a Vella, foi en [[provincia de Burgos|Burgos]] e [[provincia de Soria|Soria]] onde máis éxito tivo a insurrección, mobilizando un total de 10.000 homes ao mando de Jerónimo Merino e Ignacio Alonso Cuevillas. En [[Cataluña]] en abril de [[1834]] entrou unha partida procedente do Maeztrazgo ao mando de Manuel Carnicer pero fracasou, malia iso mantivéronse mobilizadas numerosas partidas guerrilleiras. En [[Galicia]] houbo pequenas partidas, sen moita continuidade.

=== Fronte norte ===

A derrota dos miguelistas, na guerra civil portuguesa, provocou a saída do pretendente cara [[Londres]] e a entrada en [[Navarra]] pola fronteira francesa o [[9 de xullo]] 1834 e nomeou un goberno dirixido por Carlos Cruz Mayor, pero a fin da guerra en Portugal, permitiu ao goberno de Isabel II retirar tropas da fronteira con Portugal e envialas á fronte do norte, primeiro ao mando de José Ramón Rodil e despois duns meses por [[Francisco Espoz y Mina]], polo que ata mediados de 1835 as accións bélicas localizáronse no País Vasco e Navarra, centradas na figura de [[Tomás de Zumalacárregui]], que organizou en pouco tempo un exército carlista en Navarra, ao que tamén se uniron os carlistas vascos debilitados logo da expedición de [[Pedro Sarsfield]]. Zumalacárregui equipou aos seus homes con armas tomadas aos exércitos cristinos no campo de batalla ou en ataques contra fábricas ou convois, e
Liña 22:
O [[14 de setembro]] de [[1839]] o pretendente carlista e as súas tropas que lle permanecían fieis cruzaron a fronteira francesa e a guerra rematou na fronte norte.

=== Fronte leste ===
As partidas do Maestrazgo e Aragón elixiron a Manuel Carnicer como o seu xefe en febreiro de 1834, logo do seu fusilamento en abril de 1835 tomou o mando o seu segundo [[Ramón Cabrera]], quen deu pulos ás forzas carlistas, pero as súas forzas non foron o suficientemente numerosas como para obter unha vitoria decisiva sobre as forzas liberais, e en 1836 Evaristo de San Miguel conquistaba para os isabelinos Cantavieja, en 1837 Cabrera consegue reconquistar o territorio perdido e en xaneiro de 1838 conquista [[Morella]], que converte en capital da súa administración e extende o seu territorio por [[Aragón]], norte da [[Comunidade Valenciana]] e sur de Cataluña, pero a fin da guerra no norte fixo que Espartero chegase a [[Zaragoza]] á fronte de 44.000 homes en outubro de 1839 e estableceu o seu cuartel xeneral en [[Mas de las Matas]], pero Cabrera consegue manter a resistencia ata o [[30 de maio]] de 1840 cando Espartero conquistou Morella e Cabrera dirixiuse a Berga.

En Cataluña as numerosas partidas actuaban sen coordinación, polo que dende Navarra enviouse en agosto de 1835 a Juan Antonio Guergué á fronte de 2.700 homes coa misión do organizar e unificar ás forzas carlistas catalás, consegue xuntar unha forza de 22.000 homes, pero fracasa no intento de tomar [[Olot]], tras a marcha de Guergué a Cataluña asumiron o mando Ignacio Brujó, [[Rafael Maroto]] e Blas María Royo de León e en 1837 fíxose co mando un dos membros da Expedición Real, Antonio Urbiztondo, quen conquistou Berga en xullo e converteuna na capital do carlismo catalán. Os problemas entre a Xunta de goberno de Berga e Urbiztondo levaron ao nomeamento de José Segarra e posteriormente, en xullo de 1838, ao do Conde de España, que se esforzou en modernizar as súas tropas ao tempo que se aproximaba aos sectores máis radicais do carlismo, o que provocou o descontento da oficialidade carlista, que solicitaron a súa destitución ao pretendente, o que conseguiron en outubro. A chegada de combatentes carlistas procedentes da fronte norte tras a sinatura do Convenio de Oñate conseguiu prolongar a guerra en Cataluña uns meses máis ata que as últimas tropas carlistas dirixidas por Cabrera cruzaron a fronteira francesa o [[6 de xullo]] de 1840.