Hórreo galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Volumetría: referencia
Liña 172:
Morfoloxicamente un hórreo ten unha directriz horizontal predominante que resulta da necesidade de ofrecer a máxima [[superficie]] de ventilación e a máxima capacidade de almacenamento sen exceder a dimensión transversal óptima. A virtual posibilidade de estender o hórreo seguindo esa directriz horizontal obriga a articular a composición do seu [[Volume (física)|volume]] en base a unha composición modular. O sistema de sustentación impón á estrutura construtiva do hórreo un [[ritmo]] que deriva da capacidade portante das lumieiras de pedra que salvan as distancias entre soportes. Deste xeito a do hórreo é unha xustaposición de módulos definidos polo intervalo entre dúas parellas de esteos ou dúas cepas. Nos hórreos sobre celeiros esta necesidade de modulación desaparece, polo que é posible empregar panos de cachotería en seco, mentres que nos hórreos mixtos son os peóns os que marcan o ritmo e nos de madeira se dilúe a modulación entre as moitas particións dos paramentos.
 
Os espigueiros portugueses non se afastan significativamente das formas empregadas polo xeral en Galicia, a non ser pola especial abundancia das solucións construtivas en madeira, a meirande parte das veces entre penais de cantería. Os de [[Lindoso]] e os da [[serra de Arga]] son coñecidos polo que ten de excepcional a súa execución totalmente en pedra. Polo demais o máis estendido é o espigueiro de técnica mixta en pedra e madeira. Como variante característica do espigueiro, detéctanse subtipos nos que están acentuada a dimensión vertical ou ben a transversal. Chama a atención o emprego de paredes inclinadas e sección trapezoidal como solucións características.<ref>{{cita harvard|Dias, J., |Veiga de Oliveira, E., |Galhano, F. ''Espigueiros portugueses''. Apéndice de Frankowski, E. ''Hórreos y palafitos de la Península Ibérica''. Edición facsímile. Ediciones Istmo. Madrid, |1986. ISBN 84-7090-168-0.|sp=si}}</ref>
 
=== Situación ===