Panteras Negras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m robot Añadido: ca:Panteres Negres
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==)
Liña 22:
No seu traballo coa comunidade destacou o "Programa de almorzo gratuíto para nenos", encadrado dentro de diversas accións que tentaban reparar os altos niveis de anemia e desnutrición da poboación negra, inicialmente só na zona de [[Oakland]]. Entre outras accións levaron a cabo tamén a habilitación de clínicas gratuítas, e realizaron probas de anemia, un servizo de ambulancias gratuítas e programas de rehabilitación de alcólicos e drogadictos. É de destacar que a loita contra as drogas foi un dos puntos máis importantes do seu ideario, pois considerábanas unha arma de dominación e alleamento da clase dominante sobre a poboación. Parte das súas accións neste sentido pasaron tamén pola difusión de propaganda contra o seu consumo e pola sabotaxe das operacións do narcotráfico.
Ademais, o seu programa social incluía clases gratuítas de [[dereito]] e [[economía]], así como de autodefensa e primeiro auxilios. Tamén promoveron a distribución gratuíta de roupa, e un servizo de transporte para uso de familiares das persoas presas.
== Autodefensa ==
Entre as súas accións políticas destacaron a reivindicación do dereito a levar armas cargadas en público, protagonizada por unha marcha ao Capitolio do Estado de [[California]], en [[Sacramento]] na que os participantes portaban rifles.
Tamén se comprometeron na creación de patrullas de autodefensa, formadas por homes armados que levaban unha copia do Código Penal de [[California]], demostrando así que non violaban ningunha lei. A súa misión era a de protexer a poboación negra da brutalidade policial. Tales patrullas entraron en conflito numerosas veces coa policía, producíndose numerosos mortos e feridos. En 1970 polo menos 34 membros dos Panteras Negras foran asasinados pola policía, forza que á súa vez reivindicaba 14 mortos e numerosos feridos de entre as súas filas. As tensión entre a organización e a policía agraváronse cada vez máis, sobretodo no que atinxía aos axentes afroamericanos, obxectivo prioritario da organización por consideralos colaboracionistas.
Liña 39:
En 2004 formouse con moitos dos antigos membros unha nova "'''National Alliance of Black Panthers'''", ('''Alianza Nacional de Panteras Negras''') tentando revitalizar o antigo movemento.
 
== Militantes famosos ==
 
*[[Mumia Abu-Jamal]]