Hórreo galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Bibliografía
Castelao (conversa | contribucións)
Liña 91:
[[Ficheiro:Horreos das Torres do Allo, Zas.jpg|miniatura|esquerda|Hórreos sobre esteos e sobre celeiro en [[Zas]].]]
O uso de esteos impón unha solución construtiva [[Arquitrabe|arquitrabada]] na que escasea o uso da [[cachotería]] na cámara como aparello de peche. E corrente que os esteos teñan un ensanchamento no extremo inferior que lle dá unha forma de bota, e que procura aumentar a superficie de apoio contra o chan. En ocasións os esteos descansan nunha base pétrea, a ''soleira'', que fai as veces de [[alicerce]]; nestes casos é corrente o uso de pequenas canles rodeando a base do esteo, chamadas ''tornaformigas'', que ao se encher de auga coa [[chuvia]] impiden o paso de [[insecto]]s. O número de esteos varia coa lonxitude do hórreo, sempre en número par. Se este está dividido en tramos, a cada un correspóndelle unha parella de esteos; a distancia entre eles vén dada pola lonxitude das padieiras lonxitudinais.<ref name="imr"/>
 
[[Ficheiro:Hórreos, norte de España y Portugal, 2007 3164.jpg|miniatura|Encontro do tornarratos co esteo e a padieira.]]
As cepas empréganse nas zonas nas que o granito está moi diaclasado. Son case exclusivas no norte e este da provincia da Coruña, e en case toda a de Lugo e na zona veciña da de Ourense. Sobre elas empréganse tamén tornarratos. Na zona de transición entre esteos e cepas atópanse hórreos que empregan as dúas solucións xuntas, con cepas nos penais e esteos no tramo intermedio. A colocación das cepas tamén observa correspondencia cos tramos do hórreo. Adoitan ser muros de cachotería tan longos como ancha é a cámara, pero tamén hainos compostos dunhas poucas pezas de cantería de perfil variable. No occidente asturiano as cepas adoitan ter unha grande [[Altura (magnitude)|altura]], pola necesidade de elevar a cámara ata acadar unha ventilación óptima. Nestes casos é corrente que o espazo entre cepas sexa aproveitado para aloxar un celeiro que mantén a súa cuberta afastada do chan do hórreo para non prexudicar á ventilación inferior. En algunhas zonas, especialmente no norte, aprécianse certas pautas na orientación dos hórreos, que tenden a buscar unha mellor ventilación colocándose perpendicularmente á dirección dos ventos predominantes na zona, de xeito que a cara máis longa da cámara reciba a máxima cantidade de ar.<ref>{{cita harvard|Leal Bóveda|2004|sp=si}}</ref>