Hórreo galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Antecedentes: arranxiño
Castelao (conversa | contribucións)
m Bibliografía
Liña 92:
O uso de esteos impón unha solución construtiva [[Arquitrabe|arquitrabada]] na que escasea o uso da [[cachotería]] na cámara como aparello de peche. E corrente que os esteos teñan un ensanchamento no extremo inferior que lle dá unha forma de bota, e que procura aumentar a superficie de apoio contra o chan. En ocasións os esteos descansan nunha base pétrea, a ''soleira'', que fai as veces de [[alicerce]]; nestes casos é corrente o uso de pequenas canles rodeando a base do esteo, chamadas ''tornaformigas'', que ao se encher de auga coa [[chuvia]] impiden o paso de [[insecto]]s. O número de esteos varia coa lonxitude do hórreo, sempre en número par. Se este está dividido en tramos, a cada un correspóndelle unha parella de esteos; a distancia entre eles vén dada pola lonxitude das padieiras lonxitudinais.<ref name="imr"/>
[[Ficheiro:Hórreos, norte de España y Portugal, 2007 3164.jpg|miniatura|Encontro do tornarratos co esteo e a padieira.]]
As cepas empréganse nas zonas nas que o granito está moi diaclasado. Son case exclusivas no norte e este da provincia da Coruña, e en case toda a de Lugo e na zona veciña da de Ourense. Sobre elas empréganse tamén tornarratos. Na zona de transición entre esteos e cepas atópanse hórreos que empregan as dúas solucións xuntas, con cepas nos penais e esteos no tramo intermedio. A colocación das cepas tamén observa correspondencia cos tramos do hórreo. Adoitan ser muros de cachotería tan longos como ancha é a cámara, pero tamén hainos compostos dunhas poucas pezas de cantería de perfil variable. No occidente asturiano as cepas adoitan ter unha grande [[Altura (magnitude)|altura]], pola necesidade de elevar a cámara ata acadar unha ventilación óptima. Nestes casos é corrente que o espazo entre cepas sexa aproveitado para aloxar un celeiro que mantén a súa cuberta afastada do chan do hórreo para non prexudicar á ventilación inferior. En algunhas zonas, especialmente no norte, aprécianse certas pautas na orientación dos hórreos, que tenden a buscar unha mellor ventilación colocándose perpendicularmente á dirección dos ventos predominantes na zona, de xeito que a cara máis longa da cámara reciba a máxima cantidade de ar.<ref>{{cita harvard|Leal Bóveda, J. M. ''Las construcciones del ciclo del pan en la Mariña de Lugo''. Actas del II Congreso europeo del hórreo en la arquitectura rural. Foro Cultural del Noroeste. San Tirso de Abres, |2004. ISBN 978-84-88071-49-1.|sp=si}}</ref>
 
A cepa maciza é un pedestal de cachotería en seco de aproximadamente iguais dimensións que a cámara en planta. Emprégase en zonas escasas e moi localizadas: centro-oeste da provincia de Lugo con cámara de madeira, norte da Coruña con cámara mixta, litoral norte de Portugal. O celeiro inferior ten tamén as mesmas dimensións que a cámara. O seu uso esténdese polo norte da provincia da Coruña, especialmente na [[comarca de Bergantiños]], na zona entre [[Ferrol]] e [[Ortigueira]] e na comarca de [[Valga]] e na zona do [[O Pino|Pino]], ademais da mariña luguesa.<ref name="imr"/>
Liña 384:
* {{cita libro |apelidos=Frankowski |nome=Eugneiusz |título=Hórreos y palafitos de la Península Ibérica |ano=1986 |ano-orixinal=1918 |lugar=Madrid |tipo=facsímile |editorial=Ediciones Istmo |isbn=84-7090-168-0 |lingua=es |ref=harv}} (editado orixinalmente pola Comisión de Investigaciones Paleontológicas y Prehistóricas).
* {{cita publicación periódica |apelidos=García Martínez |nome=M.C. |ano=1978 |título=Os hórreos |revista=Boletín da Comisión de Cultura do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia |número=8 |ref=harv}}
* {{cita libro |apelidos=Leal Bóveda |nome=José María |capítulo=Las construcciones del ciclo del pan en la Mariña de Lugo |título=Actas del II Congreso europeo del hórreo en la arquitectura rural |editorial=Foro Cultural del Noroeste |lugar=[[Santiso de Abres]] |ano=2004 |isbn=978-84-88071-49-1 |ref=harv}}
* {{cita publicación periódica |apelido=Lema Suárez |nome=Xose María |ano=1979 |título=Os hórreos do extremo occidental de Galicia |revista=Gallaecia |número=5 |páxinas=197-289 |issn=0211-8653 |ref=harv}}
* {{cita libro |apelido=Lema Suárez |nome=Xosé María |título=Actas del 1º Congreso Europeo del hórreo |ano=1985 |lugar=Santiago de Compostela |editorial=Compostela |lingua=es |ref=harv}}