Hórreo galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
Castelao (conversa | contribucións)
Liña 15:
Independentemente dos medios secundarios empregados polo labrego para secar o gran, pode admitirse que os hórreos se estenden por todo o territorio das provincias da [[Provincia da Coruña|Coruña]] e [[Provincia de Pontevedra|Pontevedra]]. Non se empregan hórreos na zona da provincia de [[Provincia de Ourense|Ourense]] situada ao oriente da rexión da [[Comarca da Limia|Limia]] e no cuadrante sueste da de [[Provincia de Lugo|Lugo]], xa en zonas climáticas máis favorables ao cultivo de cereais de montaña e menos propicios para o do millo.<ref name="jls"/>
 
[[Ficheiro:Maori pataka.jpg|miniatura|Reprodución dun ''pataka'' [[Nova Zelandia|neozelandés]] no Polynesian Cultural Center, en [[Laie]] ([[Hawai]]).]]
Xa fóra de Galicia, en [[Portugal]] empréganse espigueiros, que son variantes do mesmo tipo arquitectónico, e que á súa vez presentan algunhas subvariantes locais. Preséntanse na faixa máis inmediata á costa, nunha área que chega ata o [[río Mondego]], deixando unha zona baleira na franxa costeira máis inmediata, ao sur de [[Porto, Portugal|Porto]].
 
[[Ficheiro:Maori pataka.jpg|miniatura|Reprodución dun ''pataka'' [[Nova Zelandia|neozelandés]] no Polynesian Cultural Center, en [[Laie]] ([[Hawai]]).]]
Unhas construcións similares aos hórreos galegos existentes na [[Polinesia]], [[Australia]] e [[Nova Zelandia]], denominadas ''pataka'' e empregadas para gardar produtos do campo e bens prezados, poderían ter a súa orixe na tripulación galega da [[Carabela (embarcación)|carabela]] [[San Lesmes]], perdida no [[Océano Pacífico]] en [[1526]].<ref>{{Cita web |url=https://www.gciencia.com/historias-gc/asi-son-os-pataka-os-horreos-galegos-de-nova-zelandia/ |título=Así son os “pataka”, os hórreos galegos de Nova Zelandia |nome=Eduardo |apelidos={{Versaleta|Rolland}} |data=26 de marzo de 2014 |páxina-web=[[GCiencia]]}}</ref><ref>{{Cita web |url=https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/cultura/horreos-en-oceania-la-expedicion-corunesa-que-descubrio-australia-y-nueva-zelanda |título=Hórreos en Oceanía: la expedición coruñesa que “descubrió” Australia y Nueva Zelanda |nome=Iván |apelidos={{Versaleta|Fernández Amil}} |data=28 de xullo de 2019 |páxina-web=Quincemil |lingua=es}}</ref>