José Luis Moralejo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 5:
Fillo de [[Abelardo Moralejo Laso]] (e irmán de [[Juan José Moralejo]] e [[Serafín Moralejo]]), é licenciado en [[Filosofía e letras]] na especialidade de Filoloxía clásica pola [[Universidade Complutense de Madrid]] e Doutor en Letras clásicas pola [[Universidade de Boloña]] con premio extraordinario. Dende [[1991]] é catedrático de Filoloxía Latina da [[Universidade de Alcalá]]. Foi vogal da Comisión Nacional de Avaliación da Actividade Investigadora, da Comisión de Avaliación do Profesorado de Andalucía e da Axencia de Avaliación da Calidade do Profesorado da Comunidade de Madrid (ACAP). É membro dos consellos asesores de varias revistas científicas internacionais e asesor da Biblioteca Clásica Gredos. Tamén é membro do padroado da Fundación Pastor de Estudos Clásicos.
 
No ano [[2009]] foi galardoado co Premio Nacional de Tradución de España pola súa tradución ao castelán da obra ''Sátiras. Epístolas. Arte poética'' de [[Horacio]]<ref>[https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/santiagues-moralejo-gana-premio-nacional-traduccion-LICG483459 ''El santiagués Moralejo gana el Premio Nacional de traducción''], ''[[El Correo Gallego]]'', 3/11/2009 {{es}}.</ref>.
 
== Notas ==