Hórreo galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎A hórrea: Engadidos
Liña 278:
 
A hórrea non se prodiga moito e é escasamente coñecida, se cadra polas súas enormes similitudes formais co hórreo. Difire do hórreo no seu maior tamaño e capacidade, dadas sobre todo polo aumento da coxía. Desta peculiaridade formal da hórrea deriva a necesidade de introducir variantes nos elementos de sustentación, que neste caso son ou ben tríos de pés no canto de parellas, ou ben cepas transversais, ou ben celeiros corridos, solución esta última a máis habitual. No interior, a hórrea ten o espazo partido en varias cámaras, distribuídas ao longo dun corredor central.<ref name="cs">Caamaño Suárez, M. ''Agrupamentos e tipoloxías singulares no mundo dos hórreos galegos''. Actas del II Congreso europeo del hórreo en la arquitectura rural. Foro Cultural del Noroeste. San Tirso de Abres, 2004. ISBN 978-84-88071-49-1.</ref>
 
Nas [[Comarca de Deza|terras do Deza]], especialmente nos concellos de [[Lalín]] e [[Vila de Cruces]], tamén existen hórreos de grandes dimensións aos que se lles chama ''hórreas''. Segundo López-Chaves, caracterízanse por te-la cámara separada en dous compartimentos lonxitudinais, nos que un deles pode estar aberto<ref>{{cita libro |nome=J.M. |apelidos=López-Chaves |título=Guía del hórreo gallego |editorial=Asociación Amigos de los Pazos |ano=1984 |páxina=37 |lugar=Vigo |lingua=es}}</ref>. Sería como xuntar dous hórreos máis estreitos. Adoitan estar sobre tres cepas ou mesmo sobre un celeiro macizo<ref>{{cita libro |título=As construcións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia |nome=Manuel |apelidos=Caamaño Suárez |editorial=Consello Galego de Colexios de Aparexadores e Arquitectos Técnicos |isbn=84-607-7768-5 |ano=2003 |páxina=323}}</ref>.
 
=== Os hórreos en esquina ===