Organización Republicana Gallega Autónoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
m + fr
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==)
Liña 7:
En maio de [[1932]] a ORGA pasou a denominarse '''Partido Republicano Gallego''' (PRG), en outubro dese ano o partido entrou en crise ao integrarse a dirección da [[provincia de Pontevedra]] en Acción Republicana e nas eleccións de [[1933]] tan só sacou cinco escanos e en [[1934]] uniuse a [[Acción Republicana]] e [[Partido Republicano Radical Socialista Independiente]] para formar [[Izquierda Republicana]]
 
== Estatuto ==
A ORGA contaba cun sector galeguista que pulou por facer da ORGA un partido comprometido coa realidade nacional galega e que asumise o autogoberno como un referente político, máis tamén contaba cun outro sector desinteresado da consecución de calquera autonomía para Galicia. Con todo tras a proclamación da república foi a ORGA a que tomou a iniciativa convocando o 4 de xuño de [[1931]] unha asemblea pro-Estatuto da que saiu un primeiro proxecto de estatuto, que resultou frustrado. Tras outro proxecto fracasado a fins de ano, o alcalde de [[Santiago de Compostela]], militante da ORGA convocou unha asemblea de municipios en [[1932]] do que saiu un proxecto de estatuto e un Comité Central de Autonomía de Galicia presidido por [[Bibiano Fernández Osorio-Tafall|Osorio Tafall]], así e todo o principal valedor deste proxecto non foi a ORGA senón o [[Partido Galeguista]], debido en parte a que o sector galeguista tiña cada vez menos peso no seo da ORGA e os atrancos que o propio Casares Quiroga como ministro da Gobernación lle puxo. Progresivamente o sector galeguista da ORGA foise distanciando do partido e acabou maioritariamente integrándose no Partido Galeguista, o último dirixente galeguista da ORGA en integrarse o PG foi [[Antón Vilar Ponte]] a comezos de [[1934]].
 
== Prensa ==
A ORGA nun primeiro momento non contou cun órgano oficial de [[prensa]] para difundir o seu ideario, intentou sen éxito mercar algún xornal coruñés e entre xuño de 1931 e xullo de 1932 ''[[El Orzán]]'' converteuse no seu voceiro oficioso, recibindo o apoio tamén de ''El País'' de Pontevedra ata novembro de 1932. En 1933 a dirección do partido acorda editar de novo un antigo xornal que dirixira Casares Quiroga, ''[[Tierra Gallega]]'', o novo xornal sae á luz o 25 de xaneiro pero non consegue consolidarse e pecha o 4 de xuño dese ano.
{{política en progreso}}