Coel Hen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Coel Hen''' ou '''Coel o vello''' (en [[Lingua galesa antiga|galés]]: Coil) é o nome dun rei lendario das tribos celtas do norte de [[Inglaterra]] e sur de [[Escocia]] no [[século IV]]. Isto correspóndese co que os galeses chaman [[Yr Hen Ogledd]].
 
== Historia ==
Liña 5:
Coel Hen<ref>Coel podería derivar do nome latino "Coelistius" o "Coellius".</ref> era para algúns autores,<ref>Morris (1973), pp. 17-19, 230-245</ref> o derradeiro dos ''[[Dux Britanniarum|Duces Britanniarum]] '' con control militar no norte da [[Britania|Britania romana]]. Ao retirarse a última das [[Lexión romana|lexións romanas]] no [[407]], Coel Hen mantívose como caudillo das forzas locais.<ref>Esa función de caudillo, acorde á situación, percíbese mesmo nalgunhas crónicas cando Coel Hen é chamado ''"O Protector"''.</ref>
 
O período do [[410]] ao [[455]] foi unha "Idade Escura" en Inglaterra, de anarquía tribal, guerras, fames negras e conflitos relixiosos, pese ao cal Coel Hen puido manter o reino unido. O seu territorio coñeceuse como ''[[Yr Hen Ogledd]]'', en [[Lingua galesa|galés]] "''O Vello Norte''".<ref>Ao sur das terras dos [[pictos]], abarcaba os territorios ancestrais dos [[brigantes]], [[votadini]], [[novantae]] etc.</ref>
O seu territorio coñeceuse como ''[[Yr Hen Ogledd]]'', en [[Lingua galesa|galés]] "''O Vello Norte''".<ref>Ao sur das terras dos [[pictos]], abarcaba os territorios ancestrais dos [[brigantes]], [[votadini]], [[novantae]] etc.</ref>
 
Á súa morte, o seu reino teríase dividido entre os seus fillos ou os seus comandantes, co que gradualmente a organización tornou ás súas bases tribais históricas. Algúns deses reinos foron [[Gododdin]], [[Reino de Strathclyde|Alt Clut]], [[Novant]], [[Rheged]], [[Bernicia]] e [[Elmet]].