Diferenzas entre revisións de «Santuario da Nosa Señora do Corpiño»

m
Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==)
m (Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==))
O [[santuario]] da '''Nosa Señora do Corpiño''', ou máis comunmente chamado '''O Corpiño''', atópase situado na parroquia de [[Losón, Lalín|Santa Baia de Losón]] pertencente o concello de [[Lalín]], nun pequeno outeiro situado no alto do val do [[río Deza]], a medio camiño na estrada que vai de [[Silleda]] a [[Vila de Cruces]].
 
== Historia ==
[[Image:Santuario_o_corpino_jpereira.jpg|thumb|right|200px|Vista do Santuario]]
A arquitectura actual do inmoble data de finais do [[século XIX]]. Nembargantes a localización do actual santuario foi escollida ao redor do [[século XII]], pois di a lenda que preto de alí, nunha pequena ermida ofrecida a [[Hadrián de Canterbury|Santo Hadrián]], vivía un personaxe que presentaba unha gran devoción pola figura da [[Virxe María|Virxe]], á que lle dedicaba numerosos [[sermón]]s que eran recibidos de grado polos veciños da zona. A lenda di que co paso do tempo o home apareceu morto mais co seu corpo incorrupto, o que se interpretou como unha [[milagre]] que a Virxe obrara. En resposta a tal suceso, os veciños levantaron unha capela na súa honra, onde agora se atopa o templo actual. A lenda tamén conta que [[Almanzor]] destruíu o templo, feito nunca probado historicamente, e que dende aquela a [[ermida]] caeu no esquecemento, ata que unha parella de pastoriños, mentres se refuxiaban dunha [[tormenta]] presenciaron a [[aparición mariana|aparición]] da Virxe co neno no colo. Dende entón o lugar retomaría o culto.
67.216

edicións