Mormonismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==)
Liña 25:
Wilford Woodruff, declarou en 1890 a fin oficial da poligamia nun documento chamado o Manifesto (Ver Doutrina e Convenios, Declaración Oficial Número 1).
 
== Masacre de Mountain Meadows ==
En 1857, a igrexa mormona estaba asegurando o seu poder en [[Utah]] cando unha caravana dun centenar e medio de colonos buscando terra atravesaba o estado con destino a [[California]] (era dirixida polo señor Fincher e por iso é polo que se lle coñecía como a "caravana Fincher"). A caravana foi rodeada e atacada por un grupo de homes armados.
 
Liña 41:
Máis de medio milleiro de mozos españois así como doutras nacionalidades prestan servizo voluntario, non remunerado, durante dous anos completos en proxectos de índole altruísta en colaboración con entidades de gran prestixio como [[Cruz Vermella]], [[Cáritas]] e corporacións municipais.
 
== Doutrinas principais do mormonismo ==
 
As crenzas dos seguidores desta fe están baseadas na Biblia e no Libro de Mormón conxuntamente, texto que polo demais consideran parte integral e canónica da mesma Biblia (co mesmo sentido que os [[Deuterocanónicos]]).
Liña 61:
É o volume de escritura sacra fundamental do mormonismo, de aí o seu alcume, e considérano contemporáneo coa Biblia e semellante a ela na súa misión de verificar a existencia de Xesucristo e o seu rol divino. É unha historia da comunicación de Deus con antigos habitantes das [[América]]s. Comeza 600 anos antes de Cristo, cando Divos mandou a un profeta chamado Lehi a saír de Xerusalén coa súa familia para ser conducidos, de xeito milagroso, a unha nova terra prometida: América. Logo de Lehi, o Libro de Mormón relata o chamado doutros profetas: Nefi, Mosíah e Helamán, entre outros. Mormón foi un deses profetas e foi quen compendiou os escritos de todos os profetas que lle precederon nun libro, o cal sería o Libro de Mormón, un complemento á [[Biblia]].
 
== Doutrinas e Convenios ==
 
{{Ver artigo principal|Doutrinas e Convenios}}
A pesar de que varios grupos relixiosos partiron da Igrexa orixinalmente establecida por Joseph Smith, todas manteñen adherencia ás revelacións modernas das súas lideres sucesores de Smith, as cales escribíronse nun ou varios volumes de libros considerados sacros e transmitidos ás congregacións da súa fe. O nome dos libros varía, de acordo á igrexa en cuestión, partindo todos da Doutrina e Convenios: Doutrina e Pactos, A Palabra do Señor, etc; mentres que outras denominacións seguen algunhas, mais non todos os ensinos de Joseph Smith.
 
=== Outras ===
#Na Igrexa SUD o ensino é un sistema integrado e non ao azar. Cada clase ou instrución que se recibe na Igrexa SUD é a mesma en calquera parte do mundo, posto que as clases estan organizadas, e baseadas nos libros canónicos. A Igrexa non emprega "lavado de cerebro"; cada membro fiel da Igrexa mantense firme nela por un testemuño de Cristo, unha esperanza de Vida Eterna xunto á súa familia e un coñecemento da verdade, por medio do Espírito Santo, o cal don foi prometido por Xesucristo antes da súa morte para guiar, consolar e ensinar aos Fillos de Deus unha vez que O xa non estivese fisicamente entre eles.